GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Publicada a convocatoria para 2015 de ‘Escolas Abertas’, o programa de Emigración que espalla Galicia por todo o mundo

(04/02/2015)

Publicada a convocatoria para 2015 de ‘Escolas Abertas’, o programa de Emigración que espalla Galicia por todo o mundo

 
 

A publicación no DOG adiántase un mes respecto ao ano anterior, co obxectivo de axilizar a tramitación administrativa e dar máis tempo á planificación previa dos beneficiarios e beneficiarias.

Noventa cidadás e cidadáns residentes no exterior accederán á formación especializada en diversas áreas, para despois divulgala nas súas áreas de residencia habitual.

  • Foto de arquivo da clausura en Lugo da edición de 2015
    Foto de arquivo da clausura en Lugo da edición de 2015

  

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2015.

Listen to this page using ReadSpeaker

 

 

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da Secretaría Xeral da Emigración pola que se regula e convoca o programa de Escolas Abertas presenciais destinadas ás comunidades galegas e persoas, galegas e residentes fóra da Galicia territorial, para o ano 2015.
A convocatoria deste ano adiántase un mes respecto do pasado ano, co obxectivo de facer o máis áxil posible a tramitación das solicitudes, e tamén para outorgar máis tempo aos beneficiarios e beneficiarias, e aos seus e ás súas docentes, para a planificación da viaxe e das actividades a desenvolver.

O prazo de presentación de solicitudes é dun mes. Nesta edición de 2015, consolídase a cifra de prazas ofertadas, que vén sendo a habitual en anos anteriores, noventa en total. Deles e delas, está previsto que 20 se acheguen desde países europeos, e as e os 70 restantes desde outros do resto do mundo.

Espallar Galicia
Trátase dun programa que pretende espallar a cultura, modo de vida e actualidade de Galicia por todo o mundo a través da convivencia e estadía de persoas que transmitirán a súa experiencia propia a moitas outras nos seus lugares de orixe ou residencia habitual, mediante o efecto multiplicador dos cursos formativos. Desta maneira, a Galicia actual dáse a coñecer da maneira máis efectiva e afectiva.

As e os alumnos deste programa son, á súa vez, formadores e formadoras nos lugares dos que proceden, polo que os seus coñecementos, e tamén a súa experiencia de contacto directo coa realidade actual do país, chega así á cidadanía da Galicia do Exterior. Coa instrución e mellora de habilidades das e dos participantes na iniciativa, acrecéntase o interese e a formación de milleiros de galegas e galegos residentes, e mesmo nados, fóra da Galicia territorial.

Así, e segundo o secretario xeral da Emigración Antonio Rodríguez Miranda, “a formación, a través dos participantes en Escolas Abertas, espállase a decenas de milleiros de alumnas e alumnos polos centros e casas de Galicia no mundo”. Ata o momento, téñense formado directamente nas distintas edicións do programa en torno a 700 persoas, pero cada unha delas transmite despois os seus coñecementos e aprendizaxe aos respectivos alumnados nos centros e casas de Galicia onde imparten as clases.

Os cursos que se levan a cabo nesta edición de 2015 consisten en obradoiros de especialización das seguintes modalidades: gaita tradicional galega, baile tradicional galego, percusión tradicional galega, canto popular e pandeireta, e confección de traxe tradicional galego. Esta última materia impártese por terceiro ano, despois do elevado éxito que rexistrou en convocatorias anteriores. Cómpre salientar que sempre se trata de obradoiros que teñen unha ampla demanda nas entidades galegas no exterior, criterio básico seguido por Emigración para a convocatoria destes cursos.

AXUDAS E SUBVENCIÓNS

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas