GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A xunta renova a súa colaboración con 11 ong que asisten a inmigrantes vítimas de explotación sexual

(03/02/2015)

A xunta renova a súa colaboración con 11 ong que asisten a inmigrantes vítimas de explotación sexual

 

lainformacion.com

luns, 02/02/15 -



O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, visitou hoxe a ONG Oblatas Ferrol
, onde reiterou o apoio do Goberno galego ás 11 organizacións que axudan a mulleres inmigrantes en situación de prostitución e vítimas de trata con fins de explotación sexual que hai na comunidade.
Rueda
agradeceu o traballo e esforzo de todas as entidades e reiteroulles o compromiso do Goberno para loitar contra esta eiva e dar apoio e protección ás persoas que sofren as súas consecuencias.
Precisamente por iso, dixo, un dos obxectivos do VI Plan Galego para a Igualdade entre mulleres e homes, é outorgar unha atención integral e específica ás mulleres vítimas da trata de ser humanos con fins de explotación sexual, posto que se trata dunha grave "vulneración dos dereitos máis elementais das persoas, que se reduce a unha simple mercadoría e a despoxa da súa dignidade".
As entidades coas que se renova o convenio de colaboración son ademais de Oblatas Ferrol, Accem, Adoratrices Ourense, Cáritas Lugo, Aliad-Utreira, Cáritas Ourense, Cáritas Santiago, Cruz Vermella, Ecos do Sur, Faraxa
, e Médicos do Mundo, que reciben este ano, un total de 328.000 euros, que contribúe a que estas entidades poidan desenvolver o seu labor.
En concreto, o diñeiro destinarase a financiar os gastos correntes e de persoal, e os derivados da adquisición de equipación e do mantemento e mellora das infraestruturas das que dispoñen as entidades.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas