(30/01/2015)
A Deputación de Lugo aproba unha moción de apoio contra a "discriminación" aos retornados
Os retornados da provincia de Lugo durante o Pleno que debateu a moción do BNG de apoio ás reclamacións do colectivo.
A Rexión Internacional 28/01/2015
Máis de medio centenar de emigrantes retornados acudiron como público ao pleno da Deputación de Lugo, e exhibiron pancartas reivindicativas, para asistir ao debate dunha moción de apoio -promovida polo goberno bipartito- ás persoas que reciben pensións de países estranxeiros, precisamente para que tributen igual que os xubilados que cobran por España.
En declaracións aos medios de comunicación, o voceiro da plataforma que agrupa a este colectivo na Mariña, Luis Cabrera, afirmou que o Goberno trata os emigrantes retornados que cobran as súas pensións do estranxeiro coma se fosen "delincuentes".
"Facenda somos todos e todos temos" que "pagar", dixo Cabreira, quen sostivo que os emigrantes retornados só piden "pagar como calquera xubilado de aquí", dado que agora mesmo tributan cun tipo impositivo máis alto por ter "dous pagadores", a pesar de "ter a desgracia de ter que andar polo mundo para gañarse a vida".
"Agora chegamos aquí e dannos unha puñalada polas costas", engadiu, porque "hai xente aquí que cobra 1.400 euros ou 1.500 euros e paga 200 euros", mentres que "outra xente que cobra 500 de Francia e 400 de España, lle cravan o 21% ".
Nese sentido, preguntábase "que lle queda a esa xente para vivir".
Ademais, recordou que hai moitas familias nas que, a causa do paro, todo o mundo vive da "pensión" dos xubilados.
Cabrera afirmou que na provincia de Lugo hai entre 1.100 e 1.200 emigrantes retornados nesta situación, practicamente a metade dos que hai en toda Galicia, onde suman uns 3.200.
OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO
(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
inmigracion@fegamp.es
Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas