GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Carballo. A poboación foránea tamén cae con forza na comarca

(26/01/2015)

A poboación foránea tamén cae con forza na comarca

O censo de estranxeiros volve a cifras de hai oito anos

 

Seguramente o dato real sexa superior, pero a efectos oficiais a que consta é a que se dá de baixa no padrón. E entre o 2013 e o 2014, volveron aos seus países, ou a outros, 200 persoas. A cifra final de censados está agora (o dato foi dado a coñecer esta semana ) en 1.772 persoas, o que significa regresar aos datos de hai oito anos, no 2007, cando todo era crecer. E foino moito tempo, porque no 2001 os foráneos que residían na zona eran apenas medio milleiro. Polo 2008 eran tres veces máis, 2.000, e aí estabilizáronse un tempo, pero agora o que manda é o descenso. Carballo segue concentrando todos os picos: os de volume total de residentes (acumula un terzo dos estranxeiros da zona) e a dos que regresan. A metade dos que aínda están aquí proceden de América.

 

A colonia máis numerosa é a de Romanía, e en Carballo hai de 42 nacionalidades

O municipio máis universal é Carballo, con 42 nacionalidades, segundo os datos propios (o INE non ofrece un abano tan amplo de países). A Laracha, Fisterra ou Camariñas tamén teñen veciños de medio mundo. Muxía, Malpica e Camariñas son os que teñen máis asiáticos (salvo Carballo), con entre 22 e 23 cada un, polos barcos pesqueiros. E Carballo está na cabeza polos chineses: 25. A poboación chinesa nunca se moveu moi arriba nin moi abaixo desta cifra desde fai uns 20 anos.

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas