GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os retornados do Salnés logran o respaldo do Concello ás súas reclamacións fiscais

(26/01/2015)

Os retornados do Salnés logran o respaldo do Concello ás súas reclamacións fiscais


Los retornados llenaron el salón de Plenos del Ayuntamiento de Vilagarcía.
Os retornados encheron o salón de Plenos do Concello de Vilagarcía
.



I.B
. 23/01/2015


O Concello de Vilagarcía de Arousa deu respaldo á moción presentada polos emigrantes retornados pedindo un cambio na Lei de Tributación. O responsable da Plataforma de Emigrantes Retornados do Salnés e membro da Coordinadora Nacional Galega de Emigrantes Retornados, Xosé Lois Leirós, acudiu ao Pleno do Concello de Vilagarcía de Arousa para pedir aos membros do Concello o apoio a unha moción en defensa dos dereitos dos emigrantes retornados que presentaba o BNG
. É a segunda vez que neste concello se presentaba a medida, xa que na anterior ocasión foi rexeitada a pesar dun empate técnico, co "voto de calidade" do alcalde.

"Podería ter quedado como un campión, cando a votación estaba 10 a 10. Pero ao final decidiu pasar rolo, como lle gusta tanto á súa formación," sinalou Xosé Lois Leirós, quen durante a presentación da demanda lamentou que "só en dous Concellos de todos os que presentaron esta iniciativa dixeron non: o de Mondoñedo e este de Vilagarcía
de Arousa"."Se equivocou de pleno, xa que todos os seus amigos e compañeiros de partido en Galicia votaron que si", lamentou.

Nunha presentación moi dura, na que Leirós recordou que "grazas á presión que estamos a facer na rúa sabe os que son os verdadeiros defraudadores. Non somos os retornados", Leirós cargou contra a reforma aprobada en novembro polo Goberno. "Non" queremos "unha solución cosmética por que este sexa un ano electoral. Queremos medidas eficaces" e criticou que estas non se poñan en marcha " porque o PP
tombou coa súa maioría absoluta o cambio da Lei. Tanto en Galicia coma no Parlamento Español".

Non hai unha solución

Non é certo que se dese solución. Os problemas seguen enriba da mesa. Non se cambiou unha coma e retorceuse máis co invento da regularización do PP que nos condena a pagar de por vida por unhas modestas pensións".

As propostas presentadas pola Plataforma de Emigrantes do Salnés pedían a modificación da Lei 35/2006. "Queremos as mesmas condicións que o resto dos pensionistas á hora de tributar, declarar a partir dos 22.000 euros de ingresos ao ano" e "que se recoñezan de oficio as pensións de invalidez cos mesmos graos aprobados nos países de residencia".Leirós tamén insistiu na necesidade de que a regularización "sexa a partir deste ano, e non con carácter retroactivo; así como ter dereito a asistencia sanitaria sen ter que pagar 85 euros ao mes".

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas