GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

José Manuel Souto, emigrante carballés en Alemaña, «Ninguén do consulado de España se puxo en contacto comigo»

(23/01/2015)

«Ninguén do consulado de España se puxo en contacto comigo»

Recibe unha axuda que non lle chega para afrontar os gastos do tratamento

 

-Antes de nada, ¿como se atopa?

-Máis ou menos. Tirando. A quimioterapia dá bastantes náuseas. Teño que seguir seis meses máis con varios ciclos de quimio, porque cando me operaron sospeitaban que o cancro se puido estender ao óso. Grazas a Deus non foi así, pero por precaución teño que seguir co tratamento.

 

-¿Que lle din os médicos sobre a evolución da enfermidade?

-En principio a cousa vai ben, pero teño que tomar quimioterapia por precaución, por se queda algunha célula canceríxena que se pode volver reproducir.

-¿Como foi a súa historia desde que chegou a Alemaña?

-Levaba catro anos no paro e non atopaba traballo nin en Galicia nin en España. Xurdiume a oportunidade dun emprego na feira de Frankfurt e vin para aquí. Fixéronme un contrato mes a mes e prometeron que a partir do sexto mes tería un contrato indefinido, pero non fixeron nada diso. O 13 de agosto doume un mareo no traballo. Ingresei por urxencias, fixéronme probas e detectáronme un cancro de colon en fase 3 que levaba catro meses medrando. Tiveron que actuar rápido, así que me operaron e comezaron co tratamento.

 

-E como reaccionou a empresa?

-O trato foi pésimo. Sabían que estaba ingresado e non tiveron nin a mínima delicadeza de chamarme para preguntarme como estaba. O único que fixeron foi chamarme a finais de agosto para dicirme, en poucas palabras, que me buscara a vida, que eles non me renovaban o contrato e punto.

-¿Que precisa agora?

-Preciso solucionar as débedas que teño e tamén necesito asesoramento, para saber que pasos teño que dar. Por causa das operacións e o tratamento, vaime quedar unha incapacidade e faime falta información.

 

-¿De que axuda dispón desde ese momento?

-Teño unha prestación que se queda curta. Son seiscentos euros, e só de apartamento pago catrocentos. Hai que sumarlle moitas máis cousas, porque aquí por cada receita e cada medicamento págase cinco euros. A maiores, cada vez que estás ingresado, hai que pagar dez euros por día de hospitalización durante os primeiros 29 días; cada botella do medicamento da quimioterapia son dez euros. Entre unha cousa e outra, vanse sumando as débedas.

-E di que agora a prestación termina...

-Remátase este mes. Segundo me dixeron, hai que ter un ano cotizado para que a renoven, e eu só teño nove meses cotizados, pero non teño moita máis información. Estanme asesorando a través de dúas organizacións, Misión Católica Española e Solidaridad Hispana, que están mirando o que se pode facer.

 

-¿E por parte do consulado?

-Absolutamente nada. Falamos cos departamentos de Asuntos Sociais e Traballo, fixéronme firmar unha carta de poderes, dixeron que se ían poñer en contacto coa Seguridade Social alemá e coa empresa, pero ata o día de hoxe, nada.

 

-¿Quere seguir o tratamento alí ou volver a Galicia?

-Os médicos aconséllanme que siga aquí, xa que saben como evolucionou o meu caso. Ademais, non sei se en España tería que esperar para seguir recibindo o tratamento... Non o sei

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas