GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Oito mil familias galegas no exterior en situación de precariedade beneficiaranse das axudas da Xunta

(23/01/2015)

Oito mil familias galegas no exterior en situación de precariedade beneficiaranse das axudas da Xunta


Redacción, Santiago
| 22 Xaneiro 2015 - Crónicas da Emigración



Cumprindo o compromiso realizado ante os representantes da diáspora, a Secretaría Xeral de Emigración adiantou todo o posible os prazos administrativos para a convocatoria das axudas económicas individuais a residentes no exterior para o ano en curso, que hoxe, xoves 22, publica o Diario Oficial de Galicia (DOG
).

En consonancia co compromiso establecido polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, respecto a manter e blindar o investimento en materia social, Emigración axuda así a paliar as necesidades básicas de subsistencia e atención socio sanitario dos galegos en situación económica máis delicada, e realiza a achega de fondos coa maior axilidade posible. O prazo para a presentación das solicitudes é de 40 días, polo que finaliza o 3 de marzo; e o obxectivo que se marca para este ano a Secretaría Xeral
é resolver todas as solicitudes no primeiro semestre.

Trátase do principal investimento que realiza o departamento que dirixe Antonio Rodríguez Miranda
, o máis relevante no aspecto de dotación económica e tamén de relevancia social. A convocatoria realízase en réxime de concorrencia non competitiva, dirixida aos emigrantes de orixe galega, e a determinados familiares residentes no estranxeiro, que acrediten encontrarse en situación de alta precariedade económica.

Esta actuación da Secretaría Xeral de Emigración alivia a situación de case oito mil familias galegas no exterior cada ano, e a consolidación da cifra destinada a estas axudas, dous millóns de euros, é unha nova mostra da aposta do Goberno galego polo investimento social. O montante supón ao mesmo tempo en torno á terceira parte do presuposto efectivo (presuposto total agás Personal) do que dispón Emigración.

Criterios

O grao de dependencia, a gravidade das enfermidades e os seus tratamentos, os ingresos económicos, e a idade do solicitante, así como as cargas familiares, son os criterios básicos de valoración. Poderán ser beneficiarias destas subvencións as persoas que demostren carecer de rendas, ingresos ou patrimonio abondo para a subsistencia, e cumprir os requisitos de necesidade estipulados en cada tipo de axuda. A convocatoria abrangue sete tipos de axuda.

As primeiras son aquelas por unidade familiar en situación de precariedade; as segundas por situación de dependencia ou enfermidade grave do solicitante; as terceiras por situación de dependencia ou enfermidade grave no seo da unidade familiar; as cuartas por invalidez ou enfermidade permanente; as quintas por cobertura de medicamentos e tratamentos de enfermidades crónicas ou graves cando teñan un custo elevado; as sextas para as mulleres que sufran violencia de xénero; e as últimas para paliar unha situación de desemprego na unidade económica familiar.



Outras axudas

Ademais destas axudas económicas individuais, o Diario Oficial de Galicia publicará de xeito inminente outras ordes de axudas aos residentes no exterior. Así, en breve sairán convocadas as axudas para feitos de urxente atención no retorno, é dicir, achegas ocasionais para emigrados, en risco de exclusión, que desexen volver ao territorio galego.

Co obxectivo de fomentar o investimento de coñecementos e capital na Galicia territorial por parte da poboación que acaba de retornar ou está a punto de facelo, publicaranse tamén en breve as axudas ao retorno emprendedor, nova liña posta en marcha pola Secretaría Xeral de Emigración
en 2013.

A estas achegas para investimento social súmanse as que realiza o departamento que dirixe Rodríguez Miranda
para coidados sanitarios e sociais a través das comunidades galegas no exterior e entidades colaboradoras, especialmente nos países onde os sistemas de protección social son máis febles. A través delas, aténdense as necesidades de miles de galegos emigrantes, a maioría de avanzada idade e en situación de alta precariedade.

Máis información e os formularios de solicitude xa están dispoñibles na páxina
AXUDAS E SUBVENCIÓNS

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2019
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas