GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O DOG publica a resolución do programa de axudas individuais para residentes no exterior

(23/01/2015)

O DOG publica a resolución do programa de axudas individuais para residentes no exterior


Redacción, Santiago
| 22 Xaneiro 2015 - Crónicas da Emigración



O Diario Oficial de Galicia (DOG
) publica hoxe xoves, día 22, a resolución de convocatoria do programa de axudas económicas individuais de 2015 para galegos residentes no exterior, que conta cun presuposto de dous millóns de euros.

Este programa ten como obxectivo "contribuír a paliar a carencia de medios económicos para poder afrontar as necesidades básicas de subsistencia e atención sociosanitaria" dos galegos residentes no exterior.

Coa posta en marcha deste programa, a Xunta, a través da Secretaría Xeral de Emigración
, pretende, cunha actuación coordinada co Estado español, a consolidación dunha política de atención e protección ás persoas galegas residentes no exterior que se encontren en situación de necesidade, co fin de garantirlles o exercicio dos seus dereitos e deberes constitucionais e estatutarios en termos de igualdade coas persoas españolas residentes en Galicia.

Poderán ser beneficiarios deste programa os emigrantes e os seus fillos maiores de 18 anos que conten coa condición de galegos no exterior, é dicir, que nacesen en Galicia ou que acrediten que ter residido en Galicia de forma continuada durante dez anos con nacionalidade española, así como os seus fillos maiores de 18 anos que teñan nacionalidade española e que estean vinculados con calquera concello galego no Censo Electoral de Residentes Ausentes (CERA).

Tamén poderán ser receptores destas axudas os netos de emigrantes maiores de 18 anos que teñan a condición de galego residente no exterior, é dicir que teña nacionalidade española, de polo menos un ano de antigüidade, que poidan acreditar un ano de residencia continuada en Galicia e que estean vinculados a algún concello galego no CERA.

En caso de falecemento de fillos e netos, poderán ser beneficiarias, unha única vez, o cónxuxe ou parella de feito ou os fillos do falecido, sempre que non transcorresen máis de quince meses dende o falecemento.

Os beneficiarios terán que demostrar que carecen de rendas, ingresos ou patrimonio abondo. Considérase que existen rendas ou ingresos insuficientes cando os ingresos ou a previsión de ingresos anual sexa igual ou inferior á base de cálculo da prestación económica por ancianidade establecida polo Estado español para o país de residencia. En caso de residir nun país que non se encontre nestas táboas, o límite de ingresos será de 1,2 veces da devandita base de cálculo.

Se a persoa solicitante convive con outra ou outras persoas nunha mesma unidade económica familiar, a contía anterior estará determinada pola suma do límite máximo de ingresos persoais máis o resultado de multiplicar o 70% da devandita cifra polo número de persoas que convivan menos unha. Deberanse ter en conta todo tipo de rendas, mesmo axudas públicas ou privadas, e os bens ou dereitos de que dispoña anualmente a persoa beneficiaria ou a unidade familiar, tanto do traballo coma do capital, así como calquera outro.

Na resolución recóllense os diferentes tipos de axudas: por encontrarse a unidade familiar en situación de precariedade, por situación de dependencia ou enfermidade grave da persoa solicitante, por situación de dependencia ou enfermidade moi grave no seo da unidade familiar, por invalidez ou enfermidade permanente, para a cobertura de medicamentos e tratamentos de enfermidades crónicas ou graves, cando teñan un custo elevado, para as mulleres que sufran violencia de xénero e para paliar unha situación de desemprego na unidade económica familiar.

O prazo de presentación das solicitudes será de 40 días naturais contando a partir do día seguinte ao da publicación no DOG. Se o último día fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

En todo caso, e segundo se recolle na lexislación, a Secretaría Xeral de Emigración poderá ampliar o prazo de presentación de solicitudes de xeito excepcional e por razóns xustificadas mediante unha resolución que deberá ser publicada no DOG.

As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica mediante o formulario anexo á convocatoria, pero as persoas que non conten con certificado electrónico poderán dirixirse ás entidades colaboradoras nas que lle tramitarán a solicitude.

En Brasil: Peña Galega de la Casa de España de Río de Janeiro, Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mútuos e Instrução de São Paulo, e Sociedade de Socorros Mútuos e Beneficente Rosalía de Castro en Santos.

En Cuba, a Federación de Sociedades Galegas na Habana; e en Venezuela: Irmandade Galega de Venezuela en Caracas.



Financiamento

O financiamento para este programa ascende a dous millóns de euros, dos que 925.000 serán para o suposto de encontrarse a unidade familiar en situación de precariedade, mentres que o resto se repartirá entre as diferentes liñas de axudas.

A contía das axudas que reciban os beneficiarios de países que teñan asinados convenios en materia de seguridade social co Estado español estará limitada cun cota inferior de 350 euros e unha cota superior de 800 euros.

Para as persoas beneficiarias dos países que non teñan asinados convenios de seguridade social co Estado español, a contía da axuda estará limitada a unha cota inferior a 150 euros e unha cota superior de 400 euros.

Máis información e os formularios de solicitude xa están dispoñibles na páxina AXUDAS E SUBVENCIÓNS

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas