GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Unha oficina asesorará en Pontevedra sobre as sancións aos emigrantes retornados

(21/01/2015)

Unha oficina asesorará en Pontevedra sobre as sancións aos emigrantes retornados

Abrirá na delegación da Xunta e canalizará as reclamacións do colectivo

 

A delegación en Pontevedra da Xunta de Galicia, situada na rúa Fernández Ladreda, ofrecerá, a través dunha oficina específica, asesoramento aos emigrantes retornados da provincia pontevedresa sobre o proceso de reclamacións de multas impostas pola Axencia Tributaria sobre as pensións recibidas polo seu traballo no estranxeiro. A intermediación ofreceuna onte o delegado da Xunta en Pontevedra, Xosé Manuel Cores Tourís, quen recordou que na sede de Fernández Ladreda se «conta con persoal especializado, a través dun axenta da Axencia Tributaria de Galicia para facilitar información e asistencia aos pensionistas retornados para cumprimentar as solicitudes de condonación e a devolución das sancións, os recargos e os xuros de demora que foron pagados por este colectivo».

O asesoramento e as reclamacións centralizaranse nunhas dependencias situadas no terceiro piso do edificio administrativo. Desde o pasado 1 de xaneiro, os emigrantes retornados poden presentar o formulario de devolución. O que se pretende agora é que conten co asesoramento adecuado para que o trámite se faga correctamente. «Poden deste xeito cumprimentar o formulario de solicitude consignando os datos persoais; os anos correspondentes á débeda que orixinou as sancións, os recargos e os xuros de demora; e o número de conta bancaria para efectuar a devolución das cantidades abonadas», asegurou Cores Tourís.

Os propios colectivos de emigrantes retornados están a manter reunións para asesorar aos afectados. O obxectivo é que teñan a información necesaria para poder solicitar as sancións e intereses xa pagados por non incluír na declaración da renda estas pensións. Tamén se informa nestas reunións sobre como actuar se nunca incluíron estas pensións cobradas do estranxeiro nas súas declaracións da renda.

Facenda expedientou por non declarar as pensións percibidas do estranxeiro desde o ano 2008 a unhas 30.000 persoas na comunidade autónoma de Galicia. As intensas protestas levadas a cabo polo colectivo fixo visible o seu problema e o pasado 1 de agosto, o Consello de Ministros aprobou un cambio normativo que abriu un prazo extraordinario de regularización das declaracións que acabará o próximo 31 de xuño.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas