GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Mariña. Galegos alén do charco

(21/01/2015)

Galegos alén do charco

Todos temos algún parente que houbo de facer a maleta, embarcar en Vigo ou A Coruña e buscar en «as Américas» o que aquí non atopaba. É unha historia consustancial con Galicia. Unha parte do noso pasado está alén do gran charco. Case sempre por necesidade. Tan só nalgúns casos por ver mundo e facer fortuna, moito de aventureiros por necesidade, outros cansos dunha sociedade na que uns poucos decidían pola maioría-caciques-. Entre outras egoístas razóns, para que a vella Gallaeciae fose a súa leira de uso e gozar.

«Pálidos, cos ollos moi abertos e a inercia da fame pintada neles, baixando do vapor». Así os describe Luis de Val na súa novela «Os fillos da emigración» en 1910. Este era o aspecto das nosas xentes cando chegaban aos portos de ultramar.

Manuel, carpinteiro de ribeira na ría de San Ciprián, fillo e neto de carpinteiros, un día marchou á Habana, onde foi repartidor de vestimentas que preparaba o mellor xastre da perla do Caribe. Tamén galego, recibía encargos do palacio presidencial e dos mellores cabarets. Coñeceu a Beni Gutman, Loito Gatica, Beny Morei. Todo ata que o primeiro día do 1959 chega Fidel cos seus barbudos e ten que regresar á Mariña. Volve emprender a aventura xa que a nai terra galega segue igual, durmida, fermosa pero cativa duns poucos. Tras moitas vicisitudes, incluída a participación no asunto da Baía Cochinos, permítenlle a entrada en Nova York, onde traballa como carpinteiro na reparación do Andrea Doria. Máis tarde entra no negocio da hostalería. Chega a ser xefe de sala. Hoxe é un xubilado que vive na Gran Mazá e regresa todos os veráns para bañarse na Caosa do noso San Ciprián, onde paseando relátame a súa vida entre Galicia e América. Cando está aquí bota de menos aquel novo mundo que lle foi convertendo en cidadán, pero cando está alí, sofre a nostalxia do Celta e reúnese a xogar ao dominou con outros como el.

A Lei de 21 de decembro de 1907, desenvolvida en Regulamento o 30 de abril de 1908, regula e limita o fenómeno da emigración. O seu artigo 1º di en nome do rei Alfonso XIII, que se recoñece a liberdade de todo español para emigrar. Para mellor prover, en 1913, José Vila Serra publica «O Manual da Emigración». Trátase de explicar aos aspirantes de «esa liberdade» para abandonar Galicia que papeis e requisitos deben reunir. Curiosidades como a regulación das condicións que han de garantir armadores e navieros que sen dúbida están a facer o gran negocio á conta da necesidade do pobo.

 

Outros emigrantes

Pero hai outros emigrantes. O meu avó Alejandro, médico compostelán, un día farto de estar farto, toma un vapor en Vigo e marcha á Arxentina. Coñece en Rosario a unha dama filla de italianos-xudeus como el, casan e nacen todos os meus tíos. Un deles chega a ser vicecónsul da Arxentina en Lugo, tras o regreso da familia a Ourense. O irmán maior José, regresa á Arxentina tras facerse médico na Universidade Compostelá. Os seus fillos son altos cargos do Justicialismo Peronista, incluso represaliados no golpe militar do fraco Vilela. O resto da familia- pais e cinco irmáns máis- se quedan definitivamente en Galicia. O meu avó chega a ser Alcalde de Ourense en dúas ocasións. O meu pai -fillo menor- nace en Galicia e coñece á miña nai en San Ciprián.

Historias como estas dan para escribir novelas. O final pode ser feliz, e converter ao emigrante en «indiano» ou pola contra perderlle a pista definitivamente. O que está nos nosos xenes galegos é o fenómeno socio cultural da emigración, as súas vivencias, como se organizan nos Centros Galegos como o de Buenos Aires, con Sanatorio con todas as especialidades médicas, ou como se esforzan en manter, investigar, divulgar e ampliar a nosa cultura e o noso idioma.

Antes, A Habana chegou a ser a cidade do mundo con máis galegos. Os pais da patria galega construíron a súa idea de cambio para a nosa Galicia, alí, posiblemente entre a Muñeira, Guajira e o Tango.

Os Aventados coa colaboración de institucións públicas e asociacións culturais queremos dedicar este 2015 a indagar e divulgar o que foi e é a emigración. desgraciadamente de rabiosa actualidade como alternativa á crise económica e laboral.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas