GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta abrirá en breve o prazo para que a diáspora pida as axudas económicas individuais

(20/01/2015)

A Xunta abrirá en breve o prazo para que a diáspora pida as axudas económicas individuais



Las ayudas pretenden facilitar el día a día de los emigrantes con mayores dificultades económicas.

As axudas pretenden facilitar o día a día dos emigrantes con maiores dificultades económicas.



A Rexión Internacional 20/01/2015


O Diario Oficial de Galicia publicará nos próximos días a convocatoria máis relevante no aspecto de dotación económica e relevancia social da Secretaría Xeral de la Emigración
. Trátase da orde para as axudas económicas individuais a galegos residentes no exterior para o exercicio de 2015, en réxime de concorrencia non competitiva, dirixida aos emigrantes de orixe galega, e a determinados familiares residentes no estranxeiro, que acrediten encontrarse en situación de alta precariedade económica.

Con estas axudas a Secretaría Xeral
pretende manter e blindar o investimento en materia social dos emigrantes galegos, así como axudar a paliar as necesidades básicas de subsistencia e atención socio sanitario dos galegos que se encontran nunha situación económica delicada.

Beneficiarios

Esta actuación da Secretaría Xeral da Emigración alivia a situación de case oito mil familias galegas no Exterior cada ano. Dende a Secretaría Xeral
destácase que "a consolidación da cifra destinada a estas axudas (dous millóns de euros) é unha nova mostra da aposta do Goberno galego" "polo investimento social". O grao de dependencia, a gravidade das enfermidades e os seus tratamentos, os ingresos económicos, e a idade do solicitante, así como as cargas familiares, son os criterios básicos de valoración

Sete tipos

Poderán ser beneficiarias destas subvencións as persoas que demostren carecer de rendas, ingresos ou patrimonio abondo para a subsistencia, e cumprir os requisitos de necesidade estipulados en de cada tipo de axuda. A convocatoria abrangue sete tipos de axuda.

As primeiras son aquelas por unidade familiar en situación de precariedade; as segundas por situación de dependencia ou enfermidade grave do solicitante; as terceiras por situación de dependencia ou enfermidade grave no seo da unidade familiar; as cuartas por invalidez ou enfermidade permanente; as quintas por cobertura de medicamentos e tratamentos de enfermidades crónicas ou graves cando teñan un custo elevado; as sextas para as mulleres que sufran violencia de xénero; e as últimas para paliar unha situación de desemprego na unidade económica familiar.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas