GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Galicia rexistra un "fenómeno de nova emigración" de mozos

(20/01/2015)

Galicia rexistra un "fenómeno de nova emigración" de mozos

 

Son os resultados presentados no Foro Económico de Galicia do terceiro trimestre de 2014 presentado este luns en Santiago //Afirman que a economía galega "se estancou" respecto aos meses anteriores 

 

 

E.P. SANTIAGO | 19.01.2015 |

 

El Correo Gallego

 

 

Galicia rexistra un "fenómeno de nova emigración" de mozos, cunha caída de 21.100 persoas na poboación activa entre os 25 e 34 anos no terceiro trimestre de 2014 con respecto ao ano anterior, dos que case unha terceira parte tiñan estudos superiores.

Así se recolle no informe de conxuntura do Foro Económico de Galicia do terceiro trimestre de 2014 presentado este luns en Santiago, no que se apunta a que a economía galega "se estancou" respecto aos meses anteriores --ao ter un PIB
un crecemento nulo do 0%--, de forma que rompe cunha tendencia alcista da economía galega dende 2012.

Unha cuestión que o coordinador do informe, o expresidente da Xunta Fernando González Laxe, achaca ao peor comportamento do comercio exterior --que está sempre ligado ao que aconteza cunhas poucas grandes empresas como Citroën e Inditex--
e viuse  "freado". Isto vese compensando polo aumento do consumo das familias e a demanda interna, aínda que dá lugar a que se está "a baleirar o colchón" do aforro, o que provoca un "maior endebedamento" dos fogares e crea dúbidas sobre a fortaleza do crecemento futuro.

Con todo, existe en Galicia un aumento do 0,4% na actividade produtiva en comparativa interanual, o que se traduciu no terceiro trimestre de 2014 nunha mellora das afiliacións e un crecemento do emprego. No apartado das "sombras", encóntrase que o número de parados de moi longa duración --con máis de dous anos sen emprego-- aumentou un 8% ata os 105.200 desempregados (son o 40,7% do total), é dicir, 21.000 máis que os parados de curta duración.

Así mesmo, aos economistas galegos non lles preocupa "nada" a actual deflación, xa que como explicou o director do Foro Económico de Galicia e catedrático da Universidade de Vigo, Santiago Lago Penas, esta será temporal posto que está vinculada co prezo do petróleo, que " volverá a subir" nalgún momento. Máis preocupa que o conxunto da demanda na UE "non" se estea a comportar de forma expansiva", debido a que se a recuperación depende do aforro dos fogares, "esa recuperación ten un límite".

 

 

 

 

 

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas