GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Coordinadora Nacional Galega de Emigrantes Retornados analiza novas estratexias de protesta

(16/01/2015)

A Coordinadora Nacional Galega de Emigrantes Retornados analiza novas estratexias de protesta

 

Redacción, Vigo

| 15 Xaneiro 2015 - Crónicas da Emigración

 

O proxecto de lei de reforma do IRPF e do imposto da Renda dos non Residentes dá un período de seis meses, a partir do 1 xaneiro de 2015, aos pensionistas retornados para que regularicen a súa situación e poidan reclamar as cantidades aboadas polas sancións, recargas e intereses de demora que lles impuxo a Axencia Tributaria por eludir declarar as pensións que perciben do estranxeiro.

Ante o novo escenario que se abre para este colectivo tras o acordo adoptado o pasado verán polo Consello de Ministros, a Coordinadora Nacional Galega de Emigrantes Retornados programa para este sábado, 17 de xaneiro, unha asemblea en Santiago de Compostela, á que están invitados os representantes das 18 plataformas creadas para defender os intereses dun colectivo que se considera inxustamente tratado pola Administración.

Malia o compromiso adquirido por Facenda de devolverlles as cantidades xa aboadas, consideran inadmisible ter que regularizar a súa situación con efecto retroactivo, tal e como se recolle na nova normativa legal.

O voceiro da Coordinadora, Xosé Lois Leirós, asegurou a 'Crónicas da Emigración' que o sábado, en Santiago, vaise deseñar unha nova folla de ruta para marcar os pasos a seguir nos seis meses que van de xaneiro a xuño, prazo dado polo Goberno central para que os pensionistas retornados poidan regularizar a súa situación sen cargas adicionais.

 

 

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas