GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración convocará de forma inminente axudas para comunidades galegas por importe total de preto de millón e medio de euros

(12/01/2015)

Emigración convocará de forma inminente axudas para comunidades galegas por importe total de preto de millón e medio de euros

 

 
 

Serán axudas e subvencións para apoio infraestrutural e adquisición de equipamentos das comunidades galegas no Exterior, e axudas ao funcionamento e actividades das mesmas.

Recóllese unha mellora na puntuación do baremo para as entidades que sexan resultado do proceso de unión ou fusión de varias comunidades galegas.

 

 

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2015.
Listen to this page using ReadSpeaker
 

A Secretaría Xeral da Emigración, que dirixe Antonio Rodríguez Miranda, publicará entre este mes e o seguinte as convocatorias anuais de subvencións, programas e axudas destinadas ao cofinanciamento da actividade das comunidades galegas do Exterior.

A primeira delas establecerá as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións correspondentes aos programas de apoio infraestrutural e adquisición de equipamentos ás comunidades galegas no exterior. Esta liña de apoio ás comunidades divídese en dous programas, un primeiro de axudas para a ampliación, reforma, rehabilitación e conservación das instalacións e/ou patrimonio cultural, e un segundo programa de axudas para a mellora de dotacións e equipamentos de carácter inventariable.

Para actividades
Nunha segunda orde, tamén serán convocadas as subvencións correspondentes a programas de actuación en favor das entidades galegas no exterior para o exercicio 2015, subvencións que axudan a que as entidades galegas establecidas no Exterior ou noutras comunidades autónomas realicen programas de actividades que lles sexan propias, sinaladamente nas áreas formativas, culturais, de xuventude, así como as que contribúan ao financiamento dos gastos de funcionamento.

Establécense tres programas. O primeiro cínguese a axudas para gastos de funcionamento, e o segundo para proxectos de actividades promovidos polas entidades galegas do exterior. O terceiro programa axuda á realización de accións de especial relevancia promovidas por comunidades galegas  que teñan como obxectivo a promoción cultural, social ou económica de Galicia ou da propia entidade, como a liña de colaboración establecida entre as comunidades galegas e diversos departamentos da Xunta para o “Galicia Pórtico Universal”.

O procedemento de concesión realizarase en réxime de concorrencia competitiva, respectando os principios de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación, aos que se debe axustar a xestión das subvencións e axudas outorgadas polas administracións públicas.

Apoio á unión
Na convocatoria primaranse aquelas entidades froito da unión de varias comunidades galegas, por canto a Lei de Galeguidade establece que a Xunta de Galicia “promoverá os procesos de unión ou fusión entre as entidades galegas no exterior, perseguindo así unha optimización non só dos recursos propios, senón tamén daqueles que son achegados anualmente pola propia administración a través dos correspondentes programas de axudas e subvencións”.

Deste xeito, dáse forma e continuidade ao compromiso do Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e do secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, de apoiar e favorecer estes procesos de fortalecemento e axeitado dimensionamento das comunidades galegas no Exterior.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas