GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Foro Social para a Integración do Ministerio de Emprego tamén se opón a legalizar as devolucións en quente

(09/01/2015)

O Foro Social para a Integración do Ministerio de Emprego tamén se opón a legalizar as devolucións en quente

 

07.01.15 |  EUROPA PRESS

| MADRID

 

 

 

O Foro súmase así ás voces discordantes con esta reforma iniciada no Congreso mediante unha emenda ao proxecto de Lei de Seguridade Cidadá. Tanto ACNUR coma o Consello de Europa e Nacións Unidas mostráronse contrarias a esta práctica que supoñería, entre outras, unha conculcación do Protocolo 4 do Convenio Europeo de Dereitos Humanos que prohibe expresamente as expulsións en grupo.

En España, máis de 130 ONG, asociacións e colectivos; a Igrexa, a Valedora do pobo, a Avogacía Española, partidos políticos e sindicatos posicionáronse contra esta práctica vixente nos valos de Ceuta e Melilla dende fai polo menos unha década, segundo as organizacións que traballan sobre o terreo, e que foron documentadas e recoñecidas de forma oficial a raíz da traxedia  de El Tarajal, na que pereceron 15 persoas o pasado mes de febreiro.

ESQUECEUSE A EMIGRACIÓN

"Cada país indígnase e denuncia coa máxima severidade o Pano de Aceiro, o Muro de Berlín ou o Muro da Vergoña dos demais, e non se lle ocorre superpoñer as imaxes dos fuxitivos de Berlín Leste cos feridos polas concertina e os afogados no mar da nosa fronteira Sur", formula o informe do Foro Social.

Nesta liña, denuncia que Europa non pensou "colectivamente" que estes obstáculos, como o valo de Melilla, "nunca frearon unhas ondas migratorias henchidas de mortal desespero" e recorda neste sentido que "o deserto de Sonora segue acollendo os mortos de fatiga e de insolación, pero os latinoamericanos seguen, tamén, pasando como pasan o Mediterráneo os levantinos a pesar dos miles que xacen no fondo".

Así mesmo, denuncia que "se esqueceu o tempo" no que "vaporcitos pesqueiros irrisorios zarpaban de Canarias rumbo a Venezuela cargados de candidatos á emigración e se lles acollía alí como a heroes". "Os máis chegaban e algúns, non" sentenza.

Así recólleo nun informe monográfico sobre a fronteira sur aprobado en pleno este mes de decembro no que este organismo expresa a súa "preocupación" polas expulsións sumarias e a súa "total oposición" a unha reforma que permitirá devolver a Marrocos a cantas persoas sexan interceptadas no salto dos valos sen que medie o preceptivo expediente administrativo.

"O Foro quere poñer de manifesto a súa total oposición á referida disposición, e a modificación da lei de estranxeiría, mediante un procedemento que adoece da legalidade Internacional e Europea abondo, e que vai en contra dos tratados e acordos internacionais asinados por España considerando que xa existen na actual Lei de Estranxeiría procedementos legais abondo que permiten actuar ás autoridades" "fronte aos intentos de entrada irregular", di o informe.

Este organismo, creado á luz da Lei de Estranxeiría e no que teñen vocalía tanto as administracións públicas coma as asociacións de inmigrantes e as ONG especializadas, recomenda ademais "que se elimine" esta práctica ao "non" garantir o cumprimento dos dereitos humanos e non estar acorde coa lexislación internacional e nacional".
O Foro Social para a Integración de Inmigrantes, un órgano consultivo dependente do Ministerio de Emprego, tamén se opón á legalización das devolucións de emigrantes a pé de valo en Ceuta e Melilla que supoñerá a aprobación da nova Lei de Seguridade Cidadá, na que o PP
incluíu unha disposición adicional para modificar a normativa de Estranxeiría.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas