GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A crise triplica o número de españois que emigran ao Emiratos Árabes Unidos

(30/12/2014)

A crise triplica o número de españois que emigran ao Emiratos Árabes Unidos



Abu Dabi se ha convertido en un destino preferente de los españoles que buscan un empleo.

Abu Dabi converteuse nun destino preferente dos españois que buscan un emprego.


Marta Pérez 30/12/2014 La Región


Crise mediante, os españois deixaron de ser un reducido grupo en Emiratos Árabes Unidos (EAU) para constituír unha colonia de preto de 18.000 persoas que buscan oportunidades nun país que, segundo o Fondo Monetario Internacional (FMI
), se recupera de xeito sólido.

De acordo cos datos achegados polo embaixador de España en Abu Dabi, José Eugenio Salarich
, nos últimos dous anos os españois residentes no país do Golfo Pérsico chegaron case a triplicarse.

Isto produciuse pola continua chegada de "profesionais libres, de empresas que se queren establecer e de expertos que aproveitan ofertas laborais de compañías españolas, estranxeiras e do Goberno emiratí
,".

Segundo Salarich, os rexistrados na Embaixada de España duplicáronse e alcanzan xa a cifra oficial de 7.000 residentes en EAU
, aínda que a oficiosa "pode alcanzar doadamente o dobre ou o triplo, polo que o número que se calcula como real se sitúa entre as 14.000 e as 18.000 persoas".

Esta tendencia continúa a súa proxección á alza, xa que diariamente, segundo o embaixador, chegan a Emiratos en avión dende España unhas 1.500 persoas, das que "entre o 30 ou o 40 por cento quedan como turistas para buscar emprego ou traballar".

Fano chamados polas oportunidades que ofrece este país que, segundo as últimas previsións do FMI tras a súa última visita a EAU
en novembro, crecerá ao 4,25% este ano co apoio de sectores non petroleiros.

Este importante crecemento no número de chegadas provocou que a estrutura da Embaixada de España, que segundo Salarich "é a mesma dende hai 15 anos", se vexa desbordada pola crecente demanda de trámites.

 

A Embaixada " terá que adaptarse"

Para o cónsul español en Abu Dabi, Nuño Bordallo
, "a Embaixada, tal e como está formulada hoxe en día, revelouse inadecuada tanto para atender os intereses de España, cada vez maiores na zona, como dos españois e das numerosas empresas nacionais que necesitan un punto de referencia" en Emiratos.

Entre as medidas emprendidas polo embaixador para que "o servizo non se colapse e permita unha maior axilidade nos trámites" destaca a solicitude de creación dun Consulado Xeral en Dubái, cidade onde reside a maior parte dos españois, que apoie o de Abu Dabi
.

Esta petición, segundo afirmou Salarich
, xa "recibiu o acordo do Ministerio de Asuntos Exteriores e doutros ministerios como Interior e Traballo".

Ademais, a Embaixada incrementou a súa estrutura administrativa nos últimos tempos con agregados de Defensa, Turismo e Interior e ten previsto contar en breve con responsables en materia de Medio Ambiente e Educación.

O obxectivo é dar cobertura ao crecente desembarco de españois atraídos por suculentas propostas laborais e que en moitos casos se labraron destacados currículos nos seus respectivos campos.

Un exemplo é a nova avogada María Rubert, socia do bufete M Advocates of Law, que reconoceu que trasladarse a Dubái foi "una das mellores decisións que tomou na súa vida". Segundo Rubert, Emiratos é "un país que ofrece a posibilidade de crecer profesionalmente cunha calidade de vida envexable e que ademais recoñece o esforzo e detecta o talento".

 

Aos que teñan previsto emigrar a este país en busca de emprego, ademais de manexar perfectamente o inglés, Rubert aconsella "cabeza amoblada, humildade e moitas ganas de que o traballo fale por un mesmo".

Ademais, Rubert considera que Emiratos
é unha "boa opción para investir" porque "ofrece unha ampla variedade de vantaxes aos estranxeiros á vez que apoia a repatriación de beneficios e do capital investido".

En concreto, aludiu ao uso da zona franca para a constitución dunha empresa, unha "estrutura corporativa" que, segundo a letrada, "permite o cen por cento de propiedade estranxeira e ten total exención de impostos de sociedades e da renda, entre outras moitas vantaxes,".

Na outra beira está o caso de Manuel García, enxeñeiro civil que chegou fai algo máis de dous meses a Dubái
en busca de traballo e aínda non encontrou emprego.

Segundo sinalou, o principal tropezo ao que se enfrontan os que recalan en Emiratos sen un contrato debaixo do brazo é, por un lado, non contar con experiencia profesional no país e, por outro, o prezo da vivenda, que dificilmente baixa dos 600 euros por un cuarto en Dubái e Abu Dabi
.

Por iso, García cre imprescindible dispoñer dun colchón económico duns 2.000 euros ao mes que permita financiar os momentos iniciais neste país, refuxio árabe para cada vez máis españois.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas