GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Récord de inmigración irregular na UE

(29/12/2014)

Récord de inmigración irregular na UE

 

En 2014, o Estado español ocupa o quinto lugar en número de chegadas



Noticias de Álava

Sábado, 27 de Decembro de 2014 -



Madrid - O Estado español ocupa o quinto lugar en canto a chegadas de inmigrantes en situación irregular á Unión Europea, zona que en 2014 rexistrará un récord cunha cifra que superará os 270.000 inmigrantes rescatados mentres intentaban entrar en Europa, fronte aos 107.000 de 2013.

Segundo explicou o director adxunto de Frontex Gil Arias
as chegadas de inmigrantes a España "mantéñense estables" respecto a 2013 e só se aprecia un aumento durante o fin de semana de agosto "no que supostamente as autoridades marroquís abriron a porta ou mesmo animaron a cruzar, posto que os ían deixar ou non lles ían poñer impedimentos en 48 horas, segundo dixeron algúns inmigrantes". En concreto, detallou que a cifra de 1.300 persoas que chegaron entre o 10 e o 12 de agosto, coincide co aumento rexistrado este ano, que sumará un total de 7.000 inmigrantes.

Polo tanto, o Estado español xa non é un país principal de recepción de inmigración, mentres que si o son Italia -con máis de 160.000 chegadas-, Grecia, Bulgaria e Hungría.

O responsable de Frontex explicou que se dispara o número de casos de inmigrantes que foxen dos seus países buscando protección internacional. "Se hai uns anos a tendencia era dun 50% de inmigrantes por motivos económicos e a mesma porcentaxe de refuxiados políticos, este ano serán arredor do 80% os inmigrantes chegados á UE
que terían os requisitos de refuxiados", asegurou.

Aínda que Frontex non terá as cifras pechadas de 2014 ata mediados de xaneiro, Gil Arias
dixo que os datos totais de chegadas superarán as 270.000 persoas, xa que a finais de novembro xa se contabilizaran 260.000 inmigrantes rescatados, aos que hai que sumar as chegadas das últimas semanas, que se achegan a 11.000.

Polo tanto, o director de Frontex destacou que "este récord absoluto" de chegadas a Europa se multiplicou por máis de 2,5 respecto a 2013 e é o dobre do que ata agora era o récord, 141.000 chegadas en 2011 con motivo das "primaveras árabes". "Os motivos deste aumento hai que localizalos na situación de inestabilidade nos países de orixe e a ausencia de control nos países de tránsito".

 

Gil Arias augurou un futuro pesimista respecto aos fluxos de inmigrantes e opinou que as cifras deste ano se manterán se a UE e os estados membros "non actúan con certa intelixencia e encontran solucións para evitar as perdas de vida dos seres humanos que se están producindo". - Efe

 

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas