GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A plataforma "Novos Cidadáns" reclama o dereito a voto dos emigrantes

(22/12/2014)

A plataforma "Novos Cidadáns" reclama o dereito a voto dos emigrantes

 

A plataforma Novos Cidadáns lanza unha campaña aberta e inclusiva que busca a inscrición dos novos cidadáns nas eleccións municipais de 2015

 

Parainmigrantes decembro 22, 2014.

Con motivo da celebración do Día Internacional do Migrante e da inscrición do colectivo emigrante ás eleccións municipais 2015, as entidades Asociación Sociocultural e de Cooperación ao Desenvolvemento por Colombia e Iberoamérica (ACULCO), a Federación de Romaneses en España (FEDROM), Casa China, a Fundación Ibn Battuta e a Confederación de Asociacións Iberoamericanas "CONIBEROAMERICA
" lanzan oficialmente a Plataforma "Novos Cidadáns" en defensa do dereito ao voto dos nacionais de terceiros países, dos cidadáns con residencia de longa duración en España e dos inmigrantes con dobre nacionalidade.

Álvaro Zuleta, presidente de CONIBEROAMERICA, sinalou que estamos cansados de que nos chamen inmigrantes cando moitos de nós levamos máis de dez anos en España", ademais de criticar que se exclúa a un colectivo ao que "se considera traballadores de terceira e cidadáns de segunda". Por iso, reivindicou a participación política a través do voto e apelou a que impulsen esta iniciativa todos os partidos, PP, PSOE, IU e Podemos. Instou a "abrir as pontes" para que este dereito sexa unha realidade nas eleccións en España, "tamén nas xerais".

derecho a voto

Así mesmo, reclamou que se abra a reciprocidade do voto a máis países, xa que en España hai máis de 170 nacionalidades convivindo.

Ica Tomi, en representación da Federación de Romaneses, destacou que é importante que os novos cidadáns teñan os seus dereitos e que tamén "coñezan" os seus dereitos, como é o máis elemental, o do voto.

Casa China tamén defende que se poida votar, como declarou Juan Fu, presidente desta entidade. "É necesario participar en España con calidade", dixo. Ademais, comparou a situación dos chineses neste país con respecto ao que sucede noutros lugares, como Francia, onde dixo, é normal encontrar políticos de orixe chinesa.

Hamid Bellahceme en representación da organización marroquí Ibn Battuta, manifestou que non entende que unha persoa que leve máis de doce anos en España, que "cotiza aquí, traballa aquí, toma o seu café aquí, paga os seus impostos aquí, non obstante non poida votar aquí". Sinalou tamén que os inmigrantes "somos moi diversos" e que non van facer seguidismo de ningún partido político en concreto. "Hai tanta diversidade, que o voto pode ser diferente,". O máis probable, indicou, é que o voto iría "para o que mellor o faga".

Os presentes leron o manifesto co decálogo de reivindicacións:

1.- Impulsar unha campaña aberta e inclusiva de inscrición cidadá ás eleccións municipais de 2015.

2.- Sensibilizar os partidos políticos e as administracións españolas da importancia de campañas que busquen ata o próximo 15 de xaneiro a inscrición masiva dos cidadáns residentes de longa duración que cumpran os requisitos esixidos pola lei para votar nas próximas eleccións.

3.- Impulsar unha acción coordinada das asociacións de inmigrantes e de organizacións da sociedade civil que reivindiquen o dereito ao voto inmigrante.

4.- Introducir a concepción de novos cidadáns e de comunidades internacionais que viven en España e que queren participar e consolidarse como nova forza política social neste país.

5.- Impulsar a participación dos cidadáns de dobre nacionalidade que non se senten partícipes das decisións políticas que se están a tomar neste país.

6.- Abrir espazos de participación política directa e invitar os partidos españois a abrir as súas listas electorais á participación de cidadáns de orixe estranxeira pero residentes en España.

7.- Concienciar sobre os problemas de integración e participación que teñen os colectivos internacionais, máis de 170 nacionalidades presentes no estado e que sofren problemas no acceso á saúde, a vivenda, a educación, os servizos públicos en xeral e unha precariedade laboral maioritaria nos colectivos inmigrantes en todas as comunidades autónomas españolas. Así como a súa participación directa na cooperación ao desenvolvemento a través do codesenvolvemento.

8.- Abrir o espazo europeo á participación en redes sociais, políticas, legais, culturais e de presenza nos 27 estados da Unión Europea.

9.- Lograr coordinación e coherencia política con cidadáns europeos residentes en España e con cidadáns que seguen sufrindo exclusión por ser doutro país.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas