GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Elena Muñoz recordou que os retornados xa poden acceder ao formulario para pedir a devolución de sancións

(22/12/2014)

Elena Muñoz recordou que os retornados xa poden acceder ao formulario para pedir a devolución de sancións



Redacción, Santiago

| 18 Decembro 2014 - Crónicas da Emigración



A conselleira de Facenda, Elena Muñoz Fonteriz
, recordou este mércores que os pensionistas retornados xa poden acceder ao formulario para solicitar a condonación e a devolución das sancións, as recargas e os intereses de demora que foron pagados por este colectivo.

En resposta a unha pregunta oral no Parlamento, Muñoz Fonteriz explicou que os pensionistas retornados teñen á súa disposición este formulario na páxina web da Axencia Tributaria (AEAT), a través do enlace 'Pensións Estranxeiras IRPF' situado na portada deste portal web, e a partir do 1 de xaneiro nas oficinas da Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA
).

A conselleira
destacou que os pensionistas retornados poden así cumprir o formulario de solicitude, consignando os datos persoais; os anos correspondentes á débeda que orixinou as sancións, as recargas e os intereses de demora; e o número de conta bancaria para efectuar a devolución das cantidades aboadas. Os pensionistas retornados que teñen dereito a esta devolución poderán solicitala a partir do próximo 1 de xaneiro.

Muñoz Fonteriz subliñou que este trámite é sinxelo, aínda que a páxina web da AEAT
inclúe instrucións para cumprir este documento.

O titular de Facenda
insistiu en que este proceso extraordinario de regularización permitirá tratar os emigrantes retornados "igual que os que declararon a súa pensión, o que é irreprochable dende o punto de vista de xustiza fiscal,".

Ademais, recordou que a Xunta -a través da Axencia Tributaria de Galicia- vai colaborar coa Axencia Tributaria estatal para axudar a este colectivo a regularizar a súa situación, malia que a Administración galega non ten ningunha competencia nesta materia.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas