GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Feijóo lamenta a "distorsión" cos datos sobre a emigración xuvenil

(22/12/2014)

Feijóo lamenta a "distorsión" cos datos sobre a emigración xuvenil


"Cos movementos de entradas e saídas hai certa distorsión dos datos. Os datos non son cuestionables, son bastante incuestionables", respondeu
Núñez Feijóo


A Rexión

Axencias 20/12/2014



O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo
, lamentou hoxe a distorsión que se fai cos datos da emigración xuvenil en Galicia, xa que as cifras do primeiro semestre de 2014, as últimas dispoñibles, mostran que a poboación saínte é a metade da media de España.

"Cos movementos de entradas e saídas hai certa distorsión dos datos. Os datos non son cuestionables, son bastante incuestionables", respondeu Núñez Feijóo
a preguntas dos participantes nun coloquio con mozos de Novas Xeracións e representantes de asociacións xuvenís.

Para o xefe do Executivo galego, e líder dos populares na Comunidade, cada persoa pode ter unha opinión política, pero os datos non se deben cuestionar porque senón é "imposible" construír un ditame político.

Neste sentido, dixo que entre 2008 e 2013, en Galicia "entrou máis xente da que saíu", unha cifra moi superior á das outras Comunidades españolas.

" De verdade tamén imos discutir isto? ", cuestionouse o presidente da Xunta
ante estas cifras, e recordou os asistentes que el mesmo pasou por unha situación parecida cando rematou a súa licenciatura en Dereito, na década dos oitenta.

Ao seu xuízo, o problema "estrutural" de Galicia é que o número de falecidos é "moi superior" ao número de nacementos, pero criticou que todo se conte "como lles parece" e cando lles convén: " Falamos do pasado ou do presente? "

Núñez Feijóo
dixo que a "hemorraxia demográfica" que se produce con especial forza en Galicia é un problema xa dos anos oitenta, pero que o seu Goberno traballa para combatelo.

Destacou o aumento de máis do sesenta por cento das prazas en gardarías, deducións fiscais durante tres anos e unha dotación de 90 millóns de euros para a creación de escolas infantís.

Ademais, apuntou que se fomenta a formación profesional, un aspecto clave na educación do futuro, xa que o sesenta por cento do paro xuvenil se produce en xente "que non ten estudos primarios".

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas