GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Miranda reflexiona sobre o "cariño eterno da Galeguidade cara á súa terra" no Día do Migrante

(19/12/2014)

Miranda reflexiona sobre o "cariño eterno da Galeguidade cara á súa terra" no Día do Migrante

 

 

Redacción, Santiago | 18 Decembro 2014 - Crónicas da Emigración


Rodríguez Miranda.
Rodríguez Miranda.

 

O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, emitiu unha mensaxe institucional con motivo do Día Internacional do Migrante, que se celebra o 18 de decembro, no que, entre outros temas, reflexiona sobre o "cariño eterno da Galeguidade cara á súa terra".

Segundo Rodríguez Miranda, hoxe é o día adecuado para recordar que "un emigrante é, ante todo, alguén que por múltiples razóns deixou o país no que naceu pero que, salvo contadas excepcións, levará sempre no seu corazón e na súa mente".

"Así demóstranmo as colectividades galegas en todas as viaxes que realizo, máis de 40 ao longo deste 2014, nos que poñen de manifesto, en canto teñen ocasión, todo o cariño que gardan á súa Galicia natal, aínda cando leven sen pisala décadas, explica Rodríguez Miranda no seu escrito institucional.

O secretario xeral de Emigración finaliza a súa mensaxe co desexo de que "ogallá chegue un día en que todos os humanos sexamos capaces de integrar e integrarnos como o fai a Galeguidade en todo o mundo".

 

 

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas