GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Inmigrantes e emigrantes compran máis Lotería de Nadal por Internet

(15/12/2014)

Inmigrantes e emigrantes compran máis Lotería de Nadal por Internet

 

RI Luns, 15 Decembro 2014

A tentación de gañar millóns de euros grazas ao azar da Lotería de Nadal tamén atrapa aos inmigrantes e emigrantes españois a través de Internet. E é que os estranxeiros residentes en España e os españois que viven fóra son quen máis gastan en comprar os seus décimos a través da Rede.

Segundo un estudo elaborado pola empresa Ventura24.es con datos do ano 2013, os inmigrantes que viven en España gastaron 86 euros de media en Lotería de Nadal por Internet, fronte aos 48 euros de media que investiron os españois o ano pasado. O gasto incrementouse en 11 euros neste colectivo, respecto dos datos de 2012, sendo este un perfil de cliente que creceu un 19% entre 2012 e 2013.

Pero os españois que  emigraron a outros países tampouco se quedan moi atrás, xa que tiveron un gasto medio de 71 euros en décimos de Lotería de Nadal por Internet, un 32% máis que a media española, cun aumento do gasto dun ano a outro de 7 euros.

Entre os países que lideran a compra online de Lotería de Nadal destacan Reino Unido, que encabeza a lista, cun gasto promedio de 228 euros en 2013. A este país séguenlle México, que comprou lotería por valor de 128 euros; Venezuela que gastou 96 euros e Paises Baixos que fixo un gasto medio de 90 euros.

As estimacións de Ventura24.es apuntan a que o gasto na Lotería do Neno é similar ao da Lotería de Nadal. RI

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Decembro 2019
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031    
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas