GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Miranda mostrouse "gratamente sorprendido" trala súa primeira visita ao Centro Galego de Salamanca

(15/12/2014)

Miranda mostrouse "gratamente sorprendido" trala súa primeira visita ao Centro Galego de Salamanca



Redacción, Santiago | 15 Decembro 2014 - Crónicas da Emigración 

El secretario xeral, junto a artistas y representantes de asociaciones gallegas en Madrid, tras el ‘Concerto do Nadal’.

O secretario xeral, xunto a artistas e representantes de asociacións galegas en Madrid, tralo "Concerto do Nadal".



O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mostrouse "gratamente sorprendido" polo traballo que realiza o Centro Galego de Salamanca, entidade á que visitou por primeira vez o pasado sábado. A capital charra foi a primeira parada dunha dobre visita sabatina que tamén o levou a Madrid, onde asistiu ao concerto navideño organizado polo Club de Xornalistas Galegos na capital española.

Antonio Rodríguez Miranda foi recibido nas instalacións do Centro Galego de Salamanca polo seu presidente, José Ignacio Paz, que estivo acompañado por membros da xunta directiva, e socios da entidade, que acudiron á tradicional celebración de Nadal que serve para despedir as actividades do ano.

O secretario xeral percorreu as "magníficas" instalacións do Centro e posteriormente participou na celebración navideña. O presidente do Centro impúxolle a insignia da entidade, un recoñecemento que tamén recibiu unha das socias ao cumprir 25 anos na entidade.

Miranda coñeceu as actividades que desenvolve esta colectividade, fundada no ano 1957 por unha serie de personalidades destacadas da vida social salmantina con orixe galega. Era a súa primeira visita á entidade, aínda que mantén unha relación moi fluída co seu presidente, xa que José Ignacio Paz forma parte da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas.

O Centro posúe un local social con instalación hostelera e salóns de usos múltiples para exposicións e conferencias, sala lúdica, salón de prensa e unha importante biblioteca con máis de catro mil volumes. Ademais, a entidade é propietaria dunha finca nunha localidade próxima, coa que a entidade atrae á mocidade a participar activamente na vida do Centro.

Para Antonio Rodríguez Miranda, o feito de que o Centro sexa propietario de ambas instalacións é indicativo do esforzo realizado ao longo dos anos e, neste sentido, o secretario xeral animounos "a seguir avanzando". Unha das preocupacións dos actuais directivos é a incorporación de xente nova a unha entidade con algo máis de 200 socios. Miranda invitounos a non ceder no empeño de intentar incorporar ás novas xeracións.



"Concerto de Nadal"

Trala escala en Salamanca, Miranda asistiu na capital de España ao "Concerto de Nadal" que cada ano organiza o Club de Xornalistas Galegos en Madrid, que preside Pilar Falcón, e no que participan tanto outras asociacións sectorias galegas con sede na capital española, como as casas e centros galegos da Comunidade de Madrid.

Antonio Rodríguez Miranda encomiou esta iniciativa "que permite agrupar a todos os centros de Madrid" e que tivo este ano un significado especial ao cumprirse o 30º aniversario do Club de Xornalistas Galegos en Madrid. Con tal motivo, o secretario xeral de Emigración entregoulle á súa presidenta un recoñecemento por parte da Xunta, que consistiu nunha escultura dunha montera en cerámica obra do ourensano Xaime Piñeiro.

Pola súa banda, o Club organizador homenaxeou ao Coro Anduriña, do Centro Galego de Móstoles; ao Centro Galego do Noroeste-Villalba; á Banda de Gaitas Lume de Biqueira; ao Coro Rosalía de Castro de Madrid; á Asociación Galega Corredor do Henares e a Xunta de Galegos de Alcobendas, pola súa colaboración en todos os actos que organizan.

Este "Concerto de Nadal", no que colabora Galicia Calidade, tivo lugar no Centro Cultural Eduardo Úrculo, que rexistrou un cheo absoluto. Houbo música de Madrid e de Galicia. A cupletista Olga María Ramos e seu pianista Pablo Jiménez interpretaron temas moi madrileños, mentres que a parte galega estivo a cargo dos músicos Óscar Ibáñez & Tribu.

Óscar Ibáñez tocou moitos dos temas do seu traballo "Alén do Mar", unha obra onde recompila cancións galegas que perviven na diáspora. O músico aproveitou as clases que deu en distintas entidades galegas no estranxeiro, enviado pola Secretaría Xeral de Emigración, para realizar unha investigación neste sentido que se viu reflectido nese traballo musical.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Xuño 2019
LMMeXVSD
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas