GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

CIDOB presenta a última edición do Anuario da Inmigración en España no Congreso dos Deputados

(28/11/2014)

CIDOB presenta a última edición do Anuario da Inmigración en España no Congreso dos Deputados

 

Paraemigrantes.com novembro 28, 2014

 

 

Esta publicación impulsada por CIDOB, e que en 2015 alcanzará a súa oitava edición, é o primeiro e único anuario dedicado ao fenómeno da inmigración en España


Onte, mércores 26 de novembro ás 17:00 horas, Joaquín Arango, David Moya e Elena Sánchez-Montijano
directores do Anuario da inmigración en España presentaron a súa edición 2014 "Inmigración e emigración: mitos e realidades" ante a Mesa e os Voceiros da Comisión de Emprego e Seguridade Social do Congreso dos Deputados.

Tras as palabras de benvida de José Eugenio Azpiroz, presidente da Comisión de Emprego e Seguridade Social, Elena Sánchez-Montijano, investigadora de CIDOB en migracións, iniciou a presentación destacando a importancia do Anuario que "ano a ano recolle os principais debates, problemáticas e intereses ámbito do fenómeno migratorio". Para Sánchez-Montijano, esta publicación dende a súa posta en marcha en 2006 "enche un baleiro existente ata o momento no estudo e a reflexión sobre o fenómeno da inmigración en España e converteuse nunha das principais obras de referencia académica, pero tamén para boa parte dos actores que traballan con e sobre as migracións".

anuario sobre inmigración

Na súa intervención, Sánchez-Montijano subliñou a necesidade de que as achegas e estudos do Anuario se trasladen á sociedade e aos decidores políticos -contexto no que se enmarca a propia presentación-, e neste sentido insistiu aos deputados presentes que non se esquecera a inmigración en estos momentos de aparente calma e invisibilidade no debeate político máis alá dos lamentables e mediáticos episodios de Ceuta e Melilla". Segundo datos do propio Anuario, se ben nos encontramos cun saldo migratorio negativo de algo máis de 257.000 persoas, aínda hoxe seguen entrando en España entre 200.000 e 300.000 persoas ao ano e o que é máis importante, en España a data da 1 de xaneiro de 2014, viven case 6 millóns de persoas (5.957.108) nacidas noutro país, das cales máis de 4 millóns e medio (4.676.021) non teñen a nacionalidade e polo tanto non gozan da plenitude de dereitos, especialmente políticos e, non obstante, a súa situación merece unha aposta política", recalcou a investigadora de CIDOB.

Pola súa banda, o profesor Joaquín Arango xustificou a necesidade e pertinencia da publicación sobre a base do boom migratorio, motivado pola bonanza económica, da pasada década: en España pasouse do 4% ao 14% de poboación inmigrante en 10 anos, un período moi curto de tempo, situándoa no top ten dos países receptores de inmigración.
Arango gabou a actitude exemplar da sociedade española respecto á acollida da inmigración durante o boom que se mantivo en tempos de crise tal e como reflicte o barómetro do CIS, que indica que a inmigración baixou notablemente como principal preocupación dos españois a diferenza do que sucede noutros países europeos. Ao final do seu discurso, o profesor Arango lamentou a desaparición do Fondo para a Integración.

Carmen Navarro, voceira de Inmigración do Grupo Parlamentario Popular no Congreso, sinalou a utilidade política do Anuario para a xestión da inmigración no noso país.

Finalmente, o profesor David Moya, centrou a súa intervención en cuestións de tipo xurídico resaltando os problemas que afectan de forma directa á poboación de orixe inmigrante. Moya manifestou certa preocupación ante o actual contexto lexislativo europeo, ao que acompaña o español, que mostra unha significativa tendencia en contra da libre circulación na UE.

Para Moya hai dous temas fundamentais que se deben abordar sen esperar a saír da crise económica: a cuestión do asilo e o acceso á nacionalidade. En relación coa primeira cuestión, o experto subliño a necesidade de mellorar a xestión do sistema de asilo en fronteira. Sobre o acceso á nacionalidade, Moya destacou como positivo o plan de axilización da nacionalidade e a súa implantación, se ben non está falto de problemas na súa aplicación. A xeito de denuncia, o profesor Moya evidenciou unha actual atonía institucional en canto á falta de actuacións concretas. Como exemplo o profesor quixo resaltar que xa se debería estar a traballar no segundo Plan de Inmigración (PECI), do cal aínda non se fixo nada".

No debate aberto cos deputados presentes no acto -Carles Campuzano (GC-CiU), Esperanza Esteve (GS) e o letrado Ignacio Gutiérrez, ademais dos anteriormente citados- abordáronse cuestións como a evolución do fenómeno da inmigración en España; o impacto da crise na poboación de orixe inmigrante e persistencia da paz social; os modelos de convivencia migratoria nos territorios; e o acceso á nacionalidade e a cuestión do asilo. O debate finalizou co compromiso de manter a presentación e un diálogo aberto cos deputados no marco da publicación e das súas futuras edicións.

O Anuario da Inmigración en España é unha publicación editada por CIDOB co patronicio da Organización Internacional para as Migracións (OIM), a Obra Social de 'la Caixa' e a Diputació de Barcelona, e coa colaboración da Fundación Ortega-Marañón e a Fundació ACSAR.

 

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas