GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

España e Malí reforzarán a cooperación na loita contra a inmigración irregular

(28/11/2014)

España e Malí reforzarán a cooperación na loita contra a inmigración irregular



España e Malí acordaron reforzar a cooperación en materia de loita contra a inmigración irregular durante un encontro mantido este xoves entre o secretario de Estado de Seguridade, Francisco Martínez, e o ministro de Malienses no Exterior, Abdramane Sylla
.

EUROPA PRESS
- MADRID

27/11/2014 -


España y Malí reforzarán la cooperación en la lucha contra la inmigración irregular

España e Malí

reforzarán a cooperación na loita contra a inmigración irregular



Durante o encontro mantido en Roma no marco da IV Conferencia Ministerial Euroafricana sobre Migración e Desenvolvemento (Proceso de Rabat), ambos os dous puxeron de relevo a eficacia da cooperación en materia migratoria, como por exemplo no tema das repatriacións.

Por parte española, Francisco Martínez puxo de manifesto o interese de España en ampliar a cooperación no ámbito de Interior con Mali, concretamente en materia de seguridade e en formación policial. Pola súa banda, as autoridades malienses agradeceron ás Forzas e Corpos de Seguridade españolas a formación que veñen proporcionando ás forzas policiais malienses
nos últimos anos.

A parte maliense, pola súa banda, trasladaron ao secretario de Estado español o seu agradecemento polo material informático, por valor de máis de 40.000 euros, que proximamente España entregará ás autoridades malienses
.

O ministro Sylla, que cualificou a España como un socio privilexiado de Mali en todos os ámbitos, tamén agradeceu a asistencia prestada por España para loitar contra o terrorismo no seu país e, especialmente, a contribución para lograr a estabilidade de Mali tras o conflito vivido nas súas rexións do norte ata o ano 2013.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas