GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A CE advirte de que legalizar as devolucións en quente podería vulnerar a lei da UE

(26/11/2014)

A CE advirte de que legalizar as devolucións en quente podería vulnerar a lei da UE



-O comisario europeo de Inmigración expresa a súa "preocupación" polas noticias sobre "expulsións sumarias" e o uso de violencia en Ceuta e Melilla.

-A Comisión Europea non dubidará en actuar contra España se se confirma que vulnera a lexislación comunitaria.

-Avramopoulos
espera que o Goberno acepte introducir os "cambios necesarios".

-Fernández Díaz
defende a plena constitucionalidade do rexeitamento en fronteira.




EP
. 26.11.2014 -20 Minutos



O novo comisario de Inmigración, o conservador grego Dimitris Avramopoulos, avisou este martes ante o pleno da Eurocámara de que a legalización das devolucións en quente que prepara o Goberno de Mariano Rajoy podería vulnerar a lexislación da UE. Avramopoulos
expresou ademais a súa "preocupación" polas noticias sobre "expulsións sumarias" e o uso de violencia contra os inmigrantes en Ceuta e Melilla.

O Executivo comunitario non dubidará en actuar contra España se se confirma que vulnera a lexislación da UE, pero espera que o Goberno español acepte introducir os "cambios necesarios" sen que sexa necesario abrirlle un expediente, segundo explicou Avramopoulos
no Parlamento Europeo.

Calquera medida de vixilancia fronteiriza debe ser proporcional aos obxectivos perseguidos

"As recentes propostas para emendar a lexislación respecto ao que algúns denominan devolucións en quente poderían non estar en conformidade coas obrigas que impón a lexislación da UE
e a internacional", asegurou o comisario de Inmigración en resposta a unha pregunta oral presentada polos grupos socialista, liberal, verde, Esquerda Unitaria e euroescépticos.

"A Comisión está preocupada polas informacións que veñen de ONGs e dos medios de comunicación sobre expulsións sumarias de inmigrantes dende Ceuta e Melilla a Marrocos, así como sobre malos tratos. Tomámonos estas alegacións moi, moi en serio. Por este motivo, a Comisión está en contacto coas autoridades españolas sobre esta cuestión, proseguiu Avramopoulos.

 

Visita a Ceuta e Melilla

O responsable de Inmigración apuntou que xa abordou estas cuestións co ministro do Interior, Jorge Fernández Díaz
, co que se reuniu hai dúas semanas en París, e que ten previsto visitar en breve Ceuta e Melilla aceptando o convite de España. Alí trasladará a mensaxe de que "España non está soa" na loita contra a inmigración irregular, pero que debe respectar a normativa comunitaria.

"Calquera medida de vixilancia fronteiriza debe ser proporcional aos obxectivos perseguidos e respectar a Carta Europea de Dereitos Humanos, o principio de non devolución e a dignidade humana", detallou o comisario de Inmigración.

Móstrase "preocupado" pola interpretación que fai España do que constitúe unha fronteira exterior"

Avramopoulos
sinalou que "os controis fronteirizos deben levarse a cabo respectando os dereitos dos refuxiados e das persoas que piden protección internacional. En particular, polo que se refire ao principio de non devolución e ao acceso efectivo aos procedemento de asilo. Calquera cooperación con países terceiros [en referencia a Marrocos] debe levarse a cabo respectando estes principios".

O responsable de Inmigración declarouse ademais "preocupado" por "a interpretación que fai España do que constitúe unha fronteira exterior". Os servizos da Comisión dirixíronse xa ás autoridades españolas para solicitar información adicional sobre os cambios legais que se preparan.

"Estou convencido de que as autoridades españolas nos darán unha resposta clara e convincente sobre as emendas propostas á lexislación española. Confío en que a situación na zona mellorará de inmediato", indicou.

 

Concordante coa lexislación europea, segundo Interior

O ministro do Interior, Jorge Fernández Díaz, respondeu a Avramopoulos este mércores en declaracións realizadas nos corredores do Congreso. Fernández Díaz
mostrouse plenamente convencido de que a última reforma da Lei de Estranxeiría relativa ao rexeitamento en fronteira dos inmigrantes irregulares é "absolutamente legal e constitucional" e concordante coa lexislación europea.

O titular de Interior explicou que a emenda que o PP
introduciu ao proxecto de Lei de Seguridade Cidadá e que reforma a Lei de Estranxeiría reforza a seguridade xurídica coa que traballa a Garda Civil nos perímetros fronteirizos de Ceuta e Melilla para que ninguén entre ilegalmente en España.

"É algo tan elemental como que os Estados teñen o dereito e deber de protexer as súas fronteiras", insistiu. Fernández Díaz recordou que o Ministerio do Interior creará en ambas as dúas cidades autónomas oficinas de atención a solicitantes de asilo e protección internacional en postos fronteirizos, porque os que intentan entrar ilegalmente "teñen claro que non queren pedir asilo".

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas