GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Papa pide a Europa inmigración xusta

(26/11/2014)

O Papa pide a Europa inmigración xusta



"Non" se pode tolerar "que o mar Mediterráneo se converta nun gran cemiterio", dixo o papa en referencia aos inmigrantes que chegan dende África.


El papa Francisco junto al presidente del Parlamento Europeo, Martin Schulz. El pontífice dijo que "ha llegado el momento de abandonar la idea de una Europa atemorizada".

O papa Francisco xunto ao presidente do Parlamento Europeo, Martin Schulz. O pontífice dixo que "chegou o momento de abandonar a idea dunha Europa atemorizada".


25.11.2014 Voz de América


O papa Francisco
pediu a unha Europa "envellecida e reducida" a que redescubra a súa alma boa" e que elabore unha política de inmigración común e xusta.

Francisco
realizou a súa petición este martes ante o Parlamento europeo, en Estrasburgo, Francia, durante unha breve visita para presentar a súa visión de Europa.

O sumo pontífice dixo que quería levar unha mensaxe de esperanza aos europeos que desconfían das súas institucións, que están asediados pola crise económica e espiritualmente á deriva nunha cultura que xa non valora a dignidade humana.

"Non" se pode tolerar "que o mar Mediterráneo se converta nun gran cemiterio", dixo o papa en referencia aos inmigrantes que chegan dende África.

"Nas embarcacións que chegan cotiamente ás costas europeas hai homes e mulleres que necesitan acollida e axuda", sinalou o Sumo Pontífice.

"Europa será capaz de facer fronte ás problemáticas asociadas á inmigración se é capaz de propoñer con claridade a súa propia identidade cultural e poñer en práctica lexislacións axeitadas" que tutelen os dereitos dos europeos, agregou.

Pero tamén se garante "ao mesmo tempo a acollida aos inmigrantes", para o que pediu "políticas correctas, valentes e concretas" que axuden aos países emisores en lugar de "políticas de interese".

"É necesario actuar sobre as causas e non soamente sobre os efectos", dixo o papa.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas