GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Miranda valora "moi positivamente" a reunión cos responsables de emigración de Madrid e do resto de comunidades

(25/11/2014)

Miranda valora "moi positivamente" a reunión cos responsables de emigración de Madrid e do resto de comunidades


Redacción, Santiago
| 24 Novembro 2014 - Crónicas da Emigración


Rodríguez Miranda.
Rodríguez Miranda.

 

O secretario xeral de Emigración da Xunta, Antonio Rodríguez Miranda

, fixo unha valoración "moi positiva" da reunión mantida o pasado xoves coa Dirección Xeral de Migracións e co resto de responsables de emigración das diferentes comunidades autónomas.

Rodríguez Miranda
destacou o compromiso dos responsables que participaron na reunión para levar a cabo labores de coordinación e buscar a maior eficacia nos recursos públicos.

Ademais, o responsable de Emigración de Galicia mostrou o seu agradecemento á Dirección Xeral e ao seu responsable, Miras Portugal, por propiciar este encontro que terá continuidade a finais do mes de xaneiro.

Durante a reunión, Rodríguez Miranda formulou as inquietudes que como secretario xeral
recibe dos residentes no exterior e mostrou a súa inquietude pola situación dos galegos en Venezuela. Tamén mostrou a súa preocupación pola situación en Arxentina e destacou a necesidade de coordinar as axudas polo tema do cambio monetario.

Outro dos puntos que se trataron na reunión ten que ver con cuestións técnicas e administrativas na que Rodríguez Miranda tamén pediu coordinación entre as institucións e unha maior fluidez na relación das administracións cos residentes no exterior.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Agosto 2019
LMMeXVSD
   1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031 
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas