GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A partir do 23 de novembro, os mozos españois e australianos de entre 18 e 30 anos poderán acollerse ao programa de mobilidade acordado entre España e Australia

(21/11/2014)

A partir do 23 de novembro, os mozos españois e australianos de entre 18 e 30 anos poderán acollerse ao programa de mobilidade acordado entre España e Australia

 

19 novembro, 2014


 

Este acordo entre o Goberno do Reino de España e o Goberno de Australia relativo ao programa de mobilidade para mozos, foi asinado en Canberra o pasado 3 de setembro (B.O.E. n.º 228, do 19 de setembro de 2014) entre o ministro de Asuntos Exteriores e de Cooperación de España e o ministro de Inmigración, Scott Morrison. Esta medida permite aos mozos españois e australianos desprazarse a ambos os dous países, traballar por conta allea no territorio do outro Estado (sempre que o interesado non traballe máis de seis meses co mesmo empregador) e matricularse nun ou máis cursos educativos ou de formación que non excedan de catro meses de duración. A partir do próximo 23 de novembro, ábrese unha cota anual de 500 visados, que poderán ser obtidos polos mozos das devanditas nacionalidades que cumpran os requisitos fixados no acordo. O visado, que terá unha validez dun ano, permitirá aos solicitantes que reúnan os requisitos previstos no acordo realizar unha estanza en Australia en réxime de "vacacións e traballo".

Os mozos españois que teñan previsto acollerse ao programa, deberán solicitar un visado na Embaixada que determinen as autoridades australianas, achegando os documentos que se contemplan no Acordo (ver cláusula segunda do Boletín Oficial do Estado. Os interesados deberán presentar, xunto coa súa solicitude de visado, unha "carta de apoio" que deberán obter na Secretaría Xeral de Inmigración e Emigración (Ministerio de Emprego e Seguridade Social). Existe información dispoñible sobre a tramitación destes visados tanto na páxina web da Embaixada de Australia en España coma na do Ministerio de Inmigración australiano.

Pola súa banda, os mozos australianos que reúnan os requisitos considerados na cláusula sexta do Acordo, poderán tramitar na Embaixada de España en Canberra un visado que se expedirá con validez dun ano. O visado expedido acreditará a situación legal en España do seu titular sen necesidade de obter a tarxeta de identidade de estranxeiro. Así mesmo habilitarao para traballar por conta allea en España, sempre que o seu titular non traballe máis de seis meses co mesmo empregador, e para matricularse nun ou máis cursos educativos ou de formación que non superen os catro meses de duración total. Unha vez en España, os australianos que obtivesen o visado dentro deste programa poderán solicitar, se o desexan, unha tarxeta de identidade de estranxeiro.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas