GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O MEGA puxo en valor, unha vez máis, a pegada dos galegos en Arxentina na Noite dos Museos

(21/11/2014)

O MEGA puxo en valor, unha vez máis, a pegada dos galegos en Arxentina na Noite dos Museos

 

Mariana Ruiz

, Bos Aires | 20 Novembro 2014 - Crónicas da Emigración

 

Actuación de la Orquesta Escuela Juvenil de San Telmo, dirigida por Clara Ackermann.

 

Actuación da Orquestra Escola Xuvenil de San Telmo, dirixida por Clara Ackermann.

 

 

 

Como todos os anos, o Museo da Emigración Galega (MEGA) da Federación de Sociedades Galegas da República Arxentina abriu as súas portas para recibir os miles de visitantes que gañaron as rúas do barrio porteño de San Telmo

, no marco dunha nova edición da Noite dos Museos.

Na undécima edición deste evento, que organiza a Dirección Xeral de Museos, dependente do Ministerio de Cultura do Goberno porteño
, participaron preto de 900.000 visitantes que puideron percorrer máis de 200 museos e espazos culturais estatais e privados da cidade que abriron as súas portas ao público, ofrecendo visitas guiadas e unha enorme diversidade de propostas artísticas.

Entre as oito da noite e as 3 da madrugada, o MEGA desenvolveu un nutrido e variado programa para agasallar os seus visitantes. Así, polo Teatro Bambolinas pasou a recoñecida banda de música celta 'Achaiva da ponte'; o Grupo Teatral Federal, da profesora Mercedes Torre; a Banda de Gaitas 'Duas Beiras', que dirixe José 'Pepe' Lema; e a Orquestra Escola Xuvenil de San Telmo, dirixida por Clara Ackermann
.

Simultáneamente, no Salón Airiños, no 2º piso do museo, a Coral Semente, dirixida pola profesora Viviana García, ofreceu un recital con repertorio renovado e un grupo de guitarristas solistas, dúos e cuartetos do Conservatorio Julián Aguirre de Banfield presentaron un espectáculo titulado 'Cuatro
de copas'.

Este ano, como novidade, ademais, se presentou o proxecto 'A miña familia en Galicia', a través do cal se mostraron ao público diferentes alternativas para encontrar os seus familiares e contactar con institucións nas que se poden consultar estes temas. Tamén se detallou cales son os buscadores máis axeitados para a tarefa e a documentación xerada pola emigración e o exilio.Así mesmo, na Biblioteca Galega de Bos Aires 'Antonio Pérez-Prado' narráronse contos de distintos autores, baixo a coordinación do profesor Higinio Martínez.

Por outra banda, os visitantes puideron percorrer as salas do museo guiados polo historiador Ruy Farías, responsable da área de investigación do MEGA e especialista en emigración galega.

Ao longo da noite, Farías realizou diversos percorridos pola exposición permanente do museo, explicando as causas e circunstancias que definiron a Bos Aires como destino do colectivo galego emigrante durante os séculos XIX e XX; referiuse ás características do asociacionismo galego no país, analizou de que xeito se materializou a integración cultural e respondeu ás preguntas dos participantes.

Outra das propostas foi a proxección de 'Cortos da Emigración', con imaxes de fotos e documentos dixitalizados do arquivo do MEGA, compilados polo subdirector do museo, Miguel Chiloteguy.

Así mesmo, nos seus salóns púidose apreciar a exposición 'Cartas sobre o mar', de María del Carmen Sánchez, que recupera e pon en valor documentos epistolares e fotográficos de inmigrantes españois chegados a Arxentina entre 1880 e 1930. Outra mostra preparada para esta noite tan especial foi 'Nazón de Breogán'. Organizada pola Xunta de Galicia con motivo da conmemoración do 70º aniversario da celebración do plebiscito polo Estatuto de 1936, esta exposición realiza un intenso percorrido pola historia galega dende as súas orixes ata o ano 1936.

Ademais, no patio cuberto do MEGA, a profesora María Fernanda Perales e os seus alumnos exhibiron 'A confraría do vitraux', unha serie de traballos artesanais realizados en vidro.

Por último, cabe destacar que a colección permanente do MEGA reúne documentación pública e privada, rexistros bibliográficos, fotográficos e fílmicos, correspondencia, obxectos persoais, instrumentos musicais, téxtiles e ferramentas de diversos oficios entre outros obxectos traídos polos emigrantes galegos a Arxentina ata a primeira metade do século XX.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas