GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Centro Unión Ourensá Da habana celebrou os 495 anos da cidade e a festa do magosto

(19/11/2014)

O Centro Unión Ourensá da Habana celebrou os 495 anos da cidade e a festa do magosto



Redacción, A Habana | 19 Novembro 2014 - Crónicas da Emigración

Un momento de la interpretación de los poemas 'Cantiga Habaneira' y 'A Festa do Magosto'.

Un momento da interpretación dos poemas 'Cantiga Habaneira' y 'A Festa do Magosto'.

 

O Centro Unión Ourensá da Habana celebrou unha actividade presidida por Roberto Ogando Zas na Casa Balear desta capital con motivo do 495 aniversario da capital de todos os cubanos e a Festa do Magosto e o Día de San Martiño
.

Marina García Moreira, presidenta de Fillos do Partido de Lalín, actuou como animadora desta, anunciando o coro integrado polos alumnos de Lingua Galega, dirixidos polo seu profesor, Manuel Álvarez Fuentes, que cantaron o himno nacional de Cuba, o himno galego e o himno da sociedade ourensá. A continuación, a animadora invitou ao bardo da colectividade galega a dicir os seus poemas en lingua galega 'Cantiga Habaneira' e 'A Festa do Magosto' como agasallo á celebración que irmanda á Habana e á cidade de Ourense
.

Como parte da celebración presentouse unha actividade cultural na que a nena Mónica bailou unha danza hawaianaa e o pequeno Addiel bailou 'Toureiro', ambos os dous vestidos con traxes típicos de Hawai e de toureiro español que foron aplaudidos polos presentes. Mónica
presentou un conto escrito por ela que recibiu un premio nun certame infantil que ten como sentenza a necesidade de aforrar a auga. Tamén en representación do adulto maior se presentou unha declamadora e a nova Paloma cantou unha canción cubana. Para pechar a parte artística presentouse un cantante de música mexicana que tamén fixo rir aos presentes. Os asistentes foron agasallados cunha merenda como conclusión da actividade.

Posteriormente, celebrouse unha reunión da Xunta Directiva da sociedade, presidida por Roberto Ogando Zas, na que se analizaron aspectos organizativos e financeiros. Nos asuntos xerais, o bardo da colectividade galega propuxo aos presentes enviar unha felicitación especial ao socio de honra da Sociedade Ourensá e destacado escritor galego que viviu 31 anos en Cuba Xosé Neira Vilas pola obtención este ano do Premio Otero Pedrayo.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas