GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta destaca a importancia da coordinación da política migratoria entre as rexións europeas

(19/11/2014)

A Xunta destaca a importancia da coordinación da política migratoria entre as rexións europeas


Redacción, Bruxelas | 19 Novembro 2014 - Crónicas da Emigración

Un momento de la intervención de Jesús Gamallo en la comisión CIVEX.


 

Un momento da intervención de Jesús Gamallo na comisión CIVEX.

 

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou en Bruxelas na última reunión da comisión de Cidadanía, Goberno e Asuntos Institucionais e Exteriores (CIVEX) do presente mandato do Comité das Rexións (CdR), que finaliza, a finais de ano. A axenda da sesión estivo centrada no debate de varios proxectos de ditame referidos ao necesario papel das rexións e cidades na protección do Estado de Dereito e os dereitos fundamentais, así como no desenvolvemento dunha verdadeira política migratoria europea.

En resposta á recente adopción por parte da Comisión Europea dun novo marco para afrontar posibles ameazas ao Estado de Dereito en calquera dos Estados membros, durante a reunión foi debatido e aprobado un proxecto de ditame que fai fincapé no vital papel dos entes locais e rexionais na salvagarda deste principio fundacional da UE. Jesús Gamallo
remarcou nesta liña a necesidade de que o Goberno Multinivel sexa tomado como punto de partida para a súa protección, concedéndolle os cidadáns e as administracións máis próximas a eles un lugar central na toma de decisións ao respecto.

Reforzando este argumento, durante a sesión os membros de CIVEX reivindicaron a probada eficacia das políticas "de base local" xa en marcha en moitos outros ámbitos, e, consecuentemente, a idoneidade dos entes locais e rexionais para ser axentes de pleno dereito con responsabilidades políticas en materia de dereitos civís, políticos, económicos e sociais.

 

 

Por unha política migratoria coordinada na UE

Así mesmo, e con vistas ao seu debate definitivo no pleno do CdR que se celebrará o 3 e 4 de decembro, os membros de CIVEX aprobaron un proxecto de ditame que reclama máis solidariedade e coordinación entre as rexións europeas ao afrontar os fluxos migratorios e xestionar a política de asilo na UE. Destacouse neste sentido, e tomando en conta a gran presión á que están sometidas determinadas áreas da xeografía europea, a necesidade de que as rexións e Estados membros repartan os deberes derivados, tomando en conta as limitacións estruturais, os recursos e as especificidades demográficas de cada un deles, entre outros factores relevantes. Gamallo sinalou, tamén neste campo, o principio do Goberno Multinivel como unha ferramenta clave para xerar iniciativas de éxito relacionadas coa integración dos inmigrantes, dado que son as entidades locais e rexionais e a sociedade civil as que asumen, sobre o terreo, a responsabilidade da súa acollida.

Por outra banda, o proxecto de ditame aprobado este luns apoia a intención da Comisión Europea de reforzar a cooperación entre os Estados membros en materia de control de fronteiras a través da axencia Frontex, pero incide na necesidade de velar polo respecto aos dereitos humanos na loita contra a inmigración irregular, poñendo atención á dimensión humanitaria deste fenómeno.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas