GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Miles de estranxeiros tramitarán a nacionalidade española en 2015

(18/11/2014)

Miles de estranxeiros tramitarán a nacionalidade española en 2015

 

Dez anos despois da regularización extraordinaria de inmigrantes de 2005, miles de estranxeiros que se beneficiaron do proceso poderán tramitar a súa nacionalidade española en 2015.



Parainmigrantes, novembro 18, 2014

 

No ano 2005 un proceso extraordinario de regularización documentou preto de 600.000 estranxeiros que se encontraban en España en situación irregular. Agora, dez anos despois, miles daqueles estranxeiros terán a posibilidade de solicitar a nacionalidade española.

Mediante este procedemento levado a cabo polo Executivo de Zapatero os estranxeiros residentes en España en situación irregular que contaron cun contrato de traballo podían obter unha autorización de residencia e traballo no país.

Para poder tramitar o expediente para a concesión da nacionalidade española por residencia (a forma máis común de obter a nacionalidade para os que residen en España) é necesario, segundo establece o Código Civil español que o tempo de residencia previa, como regra xeral, sexa de dez anos. (Existen excepcións, como o feito da existencia de acordos con países iberoamericanos, o feito de estar casado con español ou española, ter nacido en España, etc.).

Polo tanto, o próximo ano, o 2015, cando se cumpren dez anos daquel proceso extraordinario de regularización ou de normalización de estranxeiros residentes en España en situación irregular, serán miles os residentes que poidan cumprir con este requisito de 10 anos de residencia legal e continuada en España que se esixe para a tramitación da nacionalidade española.

 

A solicitude deberá presentarse, en principio e mentres non entre en vigor a modificación que pretende o Ministerio de Xustiza, a través dos Rexistros Civís da localidade de residencia e o interesado deberá xustificar, ademais dos dez anos de residencia previa legal e continuada en España, a boa conduta cívica e suficiente grao de integración na sociedade española.

A maioría dos expedientes poderanse iniciar a partir do verán do 2015, xa que as primeiras resolucións de residencia que se aprobaron no proceso de regularización de estranxeiros de 2005 se resolveron entre maio e outubro de 2005.

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas