GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Asociación Benéfica e Cultural do Partido de Corcubión en Bos Aires celebrou o seu 92° aniversario

(17/11/2014)

A Asociación Benéfica e Cultural do Partido de Corcubión en Bos Aires celebrou o seu 92° aniversario


Mariana Ruiz
, Bos Aires | 17 Novembro 2014 - Crónicas da Emigración

 

 

 Mesa de cabecera, con la presencia del intendente de Vicente López, Jorge Macri, de frente.

Mesa de cabeceira, coa presenza do intendente de Vicente López, Jorge Macri, de fronte.

                                                                                                                                                                                                      

A Asociación Benéfica e Cultural do Partido de Corcubión celebrou este ano o seu 92° aniversario cun xantar que reuniu na súa sede de campo, en Vicente López, a socios e amigos. O intendente de Vicente López, Jorge Macri, sumouse a esta celebración e, tras percorrer as instalacións da entidade e asinar o libro de ouro, compartiu a mesa principal xunto ao presidente da institución, Carlos Ameijeiras.

Ademais, estiveron presentes o coordinador de Políticas Públicas da Xefatura do Gabinete do Goberno da cidade de Bos Aires, Jorge Giorno; a presidenta do CRE, Maite Michelón Martínez; a delegada do Consello de Comunidades Galegas Beatriz Carballo Regueira
; e os presidentes da Federación de Sociedades Españolas, entre outros directivos de entidades irmás.



Case un século de historia benéfica e cultural

A asociación fundouse un 26 de agosto de 1922, co nome de Sociedade Agraria e Cultural do Partido de Corcubión, por un grupo de veciños dá CostaMorte. En xaneiro de 1927, a sociedade cambiou o seu nome polo de Asociación Benéfica e Cultural do Partido de Corcubión, ano no que tamén recibiu a personería
xurídica.

Tras unha análise das necesidades da Bisbarra, votouse, nunha asemblea extraordinaria que tivo lugar no ano 1929, construír nove escolas, oito en Galicia e unha en Bos Aires. Con moito sacrificio -organizando festas sociais, bonos de subscrición e cotas sociais- reuniron os fondos para edificar as tres primeiras escolas e sorteouse a situación destas, resultando favorecidos os concellos de Muxía, Vimianzo e Finisterre. Meses máis tarde, tras unha doazón de 1.000 pesos e de toda a madeira necesaria por parte de Marcial González, se aprobou tamén a edificación da cuarta escola en Estorde, Cee.   

En 1933 xa se construíran as catro escolas mencionadas e restaba construír as catro restantes, pero a guerra de 1936 interrompeu definitivamente o proxecto.

A propiedade das escolas foi cedida aos concellos correspondentes, baixo estritas condicións en canto ao seu mantemento e expresas indicacións de non dedicar as casas a outros fins que non fosen o ensino.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas