GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Feijóo pregunta ao presidente do Centro Galego de Barcelona sobre a colectividade en Cataluña

(11/11/2014)

Feijóo pregunta ao presidente do Centro Galego de Barcelona sobre a colectividade en Cataluña

 

 

El presidente de la Xunta de Galicia durante su encuentro con Manoel Carrete, presidente del Centro Gallego de Barcelona.

O presidente da Xunta de Galicia durante o seu encontro con Manoel Carrete, presidente do Centro Galego de Barcelona.

 

Tras a reunión co presidente da Xunta, Manoel Carrete tamén mantivo encontros co conselleiro de Cultura, Xesús Vázquez e o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda.

A Rexión Internacional I.B
. 11/11/2014



O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, recibiu esta mañá o presidente do Centro Galego de Barcelona, Manoel Carrete, que se encontra en Galicia tras recibir este venres a Medalla de Ouro do Concello de Quiroga
, de onde é orixinaria a súa familia.

Tras felicitar a Manoel Carrete pola concesión desta Medalla, o presidente da Xunta aproveitou o seu encontro para interesarse de primeira man pola situación da colectividade residente en Cataluña. O xefe do Executivo galego tamén quixo coñecer as inquietudes das entidades galegas en Cataluña, especialmente o Centro Galego de Barcelona e a Federación de Entidades Galegas e animou a Carrete a transmitir unha mensaxe de apoio, por parte da Xunta
, ao labor que fan os galegos en Cataluña, ao tempo que lle animaba a que continuase co labor que está a facer do Centro Galego unha das entidades máis apreciadas en Cataluña.

A reunión, dunha hora de duración, tamén serviu para que Carrete informase sobre o intenso programa de actividades que están a levar a cabo as entidades galegas e sobre os estreitos lazos de colaboración coa Administración galega. Neste sentido, deu a coñecer o éxito de dúas das últimas exposicións realizadas polo Centro Galego de Barcelona. A mostra "51 Páxinas dás Nosas Letras", un repaso aos autores protagonistas do Dia dás Letras Galegas, cuxa inauguración contou coa presenza da presidenta do Parlamento galego, Pilar Rojo e o conselleiro de Cultura, Xesús Vázquez; ou a exposición coa que a entidade quere apoiar a candidatura do emigrante Manuel Rodríguez ás "Letras Galegas".

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas