GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Manoel Carrete, presidente do Centro Galego de Barcelona, recibiu a Medalla de Ouro do Concello de Quiroga

(10/11/2014)

Manoel Carrete, presidente do Centro Galego de Barcelona, recibiu a Medalla de Ouro do Concello de Quiroga


Redacción, Quiroga (Lugo
) | 10 Novembro 2014 - Crónicas da Emigración

Manoel Carrete, recibiendo la Medalla de Oro de Quiroga.

Manoel Carrete, recibindo a Medalla de Ouro de Quiroga de mans do alcalde Julio Álvarez

 

O conselleiro de Cultura e Educación, Xesús Vázquez, acompañado polos secretarios xerais de Política Lingüística e Cultura, Valentín García e Anxo Lorenzo, respectivamente, e o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, pechou no salón de sesións deste concello o acto de entrega do pergameo e a Medalla de Ouro a Manuel Carrete, presidente do Centro Galego de Barcelona.

A institución municipal concede o recoñecemento a aquelas persoas que destacan na promoción do concello, pero, neste caso, tamén pola publicación de varios libros e a realización dunha tese de doutorado centrada na diáspora galega en Cataluña a principios do século XX.

No acto tamén estiveron presentes o vicepresidente primeiro da Mesa do Parlamento,
Miguel Santalices; o director da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense, Xosé Luis Foxo; o director da Fundación Carlos Casares e do Liceo de Ourense, Carlos Casares; ademais do alcalde de Paradela, José Manuel Mato Díaz; e a alcaldesa do Caurel, Dores Castro Ochoa
.



Traballo na diáspora en pro da cultura galega

O titular de Cultura e Educación subliñou do premiado que se trata dunha figura "admirable pola súa
bonhomía e curiosidade intelectual na que a galeguidade prendeu un bo día para que xermolasen nel froitos prodixiosos dos que foi e é beneficiaria a comunidade galega en Cataluña". O conselleiro tamén incidiu en "que a forma máis fiel de coñecer o grao de madureza e bondade de persoas e sociedades é a través da capacidade que estas teñen de fascinarse ou admirarse coas obras doutras persoas e sociedades".

Xesús Vázquez finalizou o seu relatorio gabando a Manoel Carrete "por seguir traballando de cara ao futuro con empeño e sabedoría no labor de enriquecer e prestixiar en Cataluña a nosa cultura e a nosa lingua, que demostraches tanto amar e polo que tanto te esforzas". Ao tempo, o conselleiro destacou que a súa "concienciación non tivese lugar en Galicia senón en Cataluña, onde se encontra o lume do fogar familiar, e estou convencido de que o teu exemplo servirá de semente para as xeracións vindeiras,".



Perfil do homenaxeado

Manoel Carrete, avogado de profesión e autor de cinco libros sobre os galegos na emigración, non naceu no municipio de Quiroga, pero está ligado a este porque os seus pais si son orixinarios del e porque Carrete pasa longas tempadas nesta terra e traballa na diáspora preocupándose por manter o pavillón dos galegos ben alto, así como a súa cultura.

O homenaxeado, ademais de dirixir a segunda entidade galega máis antiga da emigración, xa que se remonta a 1892, é secretario da Federación de Entidades Galegas de Cataluña.

 

 

 

 

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas