GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Medio millón de galegos do exterior beneficiaranse do incremento en programas sociais para 2015

(03/11/2014)

Medio millón de galegos do exterior beneficiaranse do incremento en programas sociais para 2015



Redacción, Santiago
| 31 Outubro 2014 - Crónicas da Emigración



O medio millón de galegos do exterior beneficiaranse do incremento en programas sociais no presuposto da Secretaría Xeral de Emigración
para 2015. Este departamento continúa, un ano máis, intensificando o seu esforzo presupostario cara a todas aquelas políticas destinadas á atención socio-asistencial da cidadanía galega no exterior, e moi especialmente para o colectivo máis vulnerable, o das persoas de avanzada idade.

Así, os maiores son beneficiarios do 50% dos presupostos efectivos (presuposto total agás persoal) totais dos que dispoñerá Emigración para 2015, tanto a través das preto de 8.000 axudas económicas individuais que reciben nos diferentes países onde residen, como dos programas específicos para o seu achegamento a Galicia, ou a colaboración a través das entidades que prestan axuda socio-asistencial dirixida aos máis desfavorecidos. Todo iso suma unha partida de en torno aos 3 millóns de euros, con beneficio directo para unhas 10.000 familias, ou uns 30.000 individuos.

As actuacións derivadas da Lei da
Galeguidade, que engloban a maioría dos programas de acción social e asistencial, proxección exterior e apoio á muller e xuventude, da Secretaría Xeral aumentan o seu presuposto para o ano 2015. Así, dos 1.700.380 euros destinados o ano pasado a este apartado, auméntase ata os 1.815.653, "sendo o incremento máis notable que se rexistra nas nosas contas, e que dá fe do esforzo nesta materia que está a realizar o Goberno galego, mesmo en tempos de dificultades económicas," segundo destacou o secretario xeral, Antonio Rodríguez Miranda.

 

Presuposto social

Trátase duns investimentos de marcado carácter social, dirixidos a manter e desenvolver os programas socioculturais e de carácter formativo destinados aos emigrantes galegos e os seus descendentes no exterior, así como ás súas comunidades. Entre estes programas, cabe destacar os de fomento do retorno, o 'Conecta con Galicia' (dirixido á xuventude, especialmente aos galegos de segunda xeración), o de 'Escolas Abertas', ou os distintos cursos e seminarios organizados por centros e casas de Galicia en todo o mundo, e que contan con axuda económica por parte de Emigración.

Miranda tamén destaca o feito do mantemento da mesma cantidade que o ano pasado (máis de dous millóns de euros) para axudas individuais, tanto asistenciais coma de emerxencia. "Unha proba máis do compromiso do Goberno galego, e especialmente deste departamento, con aqueles en situación máis precaria. Dixemos que o presuposto da atención aos colectivos en situación máis precaria era intocable, e estamos a cumprir", afirma o secretario xeral
de Emigración.

Como dato significativo, no exercicio 2014 resultaron beneficiarias directas das axudas económicas individuais 7.732 persoas (ás que habería que engadir as perceptoras de axudas de emerxencia social, para achegarnos á cifra dos case 8.000 individuos beneficiarios directos), polo que o cálculo sobre ratio medio de individuos por familia permite falar de 24.000 galegos do exterior beneficiados por esta liña de actuación da Secretaría Xeral de Emigración. Destacar ademais que a media de idade do titular da axuda é 77 anos, o que reflicte en boa medida as necesidades socio-asistenciais deste colectivo.

 

Plan Integral de Emigración

O presuposto de 2015 continúa garantindo un idóneo desenvolvemento do Plan Integral de Emigración 2014-2016, que potenciará as actuacións por parte das comunidades galegas non só na súa coñecida vertente de promoción cultural e socio-asistencial, senón tamén como colaboradoras das relacións exteriores económicas de Galicia. Contribuirase así á proxección económica de Galicia no exterior incentivando a participación das comunidades galegas, e dos axentes económicos galegos no exterior, nesta tarefa común.

Dentro desta proxección exterior de Galicia e a presentación das súas potencialidades e riquezas a través do proxecto 'Galicia Pórtico Universal', seguirá estando presente nestes presupostos como actividade transversal coordinada con diversos departamentos da
Xunta
e cuns resultados positivos no que se refire á experiencia do último ano, con máis de 60.000 visitantes en tres países de dous continentes distintos.

Ao abeiro do Plan, desenvolveranse accións no tocante á protección do patrimonio das entidades galegas do exterior, e de incentivo da participación máis activa da muller e da xuventude na vida social da diáspora galega, e tamén no seo das Comunidades galegas.

Os programas socio-asistenciais que atenden a maiores ('
Reencontros na Casa', 'Reencontros na Terra'), xuventude ('Conecta con Galicia') ou muller (celebración de actividades específicas), así como os de contido formativo, difusión da cultura e da lingua galega, se contemplan nesta liña. Deste modo, consolídase a premisa de antepoñer as persoas e o seu benestar fronte calquera outra consideración e o enfoque de atención social no emprego dos recursos.

 

Reaxustes

Co obxectivo de continuar centrando a atención en todas as políticas dirixidas a accións de carácter socio-asistencial e formativo, a Secretaría Xeral de Emigración axustou, un ano máis, os seus gastos de funcionamento para favorecer o desenvolvemento das actuacións derivadas da aplicación da Lei da Galeguidade
, e a execución do Plan Integral de Emigración, reducindo aquelas partidas que non afectan directamente ao cidadán.

Así, en canto ao presuposto para o financiamento dos gastos xerais comúns de funcionamento e mantemento desta unidade administrativa, diminúese nunha media do 13,58%, de acordo ás liñas xerais deseñadas polo presidente Feijóo
de emprego dos recursos públicos en accións encamiñadas ao ben social, e non ao propio funcionamento da Administración. Tamén se reducen nun 5,20% os gastos de persoal.



Máis para os que menos teñen

Tal e como resumía o secretario
xeral da Presidencia Valeriano Martínez, na presentación dos presupostos no Parlamento de Galicia, "fai falta destacar que as actuacións da Secretaría Xeral de Emigración seguen incidindo de cara ao próximo exercicio económico no investimento de carácter social, entendendo como investimento deste carácter todas as actuacións integrais en favor da emigración galega, dos galegos do exterior e a poboación retornada. Nesta liña, priorízase a asistencia aos emigrantes en situación de extrema necesidade, e os programas destinados a garantir a calidade de vida dos nosos maiores no exterior".

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas