GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Ecuador achega o 3,87% dos estranxeiros que fan estudos superiores en España

(31/10/2014)

Ecuador achega o 3,87% dos estranxeiros que fan estudos superiores en España




Jaime Cevallos
/ O UNIVERSO

Barcelona / Xoves, 30 de outubro, 2014


A cifra de ecuatorianos con autorización de estanza en España por razón de estudos chegou ás súas cotas máis altas, despois de que, a 31 de decembro do 2013, o número se situase en 1.725, de acordo con datos da Secretaría Xeral de Inmigración e Emigración do Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

Deste xeito, os ecuatorianos constitúen o 3,87% dos 44.519 estranxeiros que se encontran en territorio español por cuestións estritamente académicas. Ademais, ocupan o sétimo lugar da clasificación de estudantes latinoamericanos, por detrás de colombianos (3.876), mexicanos (2.918), venezolanos (2.106), dominicanos (1.886), peruanos (1.846) e brasileiros (1.792).

Antes de coñecerse a cifra de decembro, había que remontarse ao 31 de marzo do 2013 para achar o número máis alto de ecuatorianos cursando estudos superiores: nese mes, concretamente, a cantidade foi 1.672, que se reduciu a 1.602 en xuño e a 1.221 en setembro. Finalmente volveu remontar.

Unha década atrás, especificamente o 31 de decembro do 2003, o número de compatriotas con autorización de estanza por estudos era de 451.

Diego Falconí
, catedrático ecuatoriano que dita clases na Universidade de Barcelona na área das letras, sinalou que hai máis dez anos, que foi cando el realizou un doutorado en España, era moito máis difícil emigrar para estudar.

"Mudou o rostro da migración dos ecuatorianos, que antes era unha migración laboral e agora é educativa," puntualizou.

Segundo
Falconí
, unha das razóns polas que se produciu un aumento de compatriotas nas universidades españolas obedece á necesidade de contar cunha titulación de cuarto nivel. Tamén, boa parte de ecuatorianos decantouse por España por cuestións relacionadas coa lingua.

Os estudantes ecuatorianos -explicou Falconí- desenvolven os seus estudos principalmente nas áreas económicas e científicas. "Hai un incremento grande de médicos, de persoas que veñen a facer a súa especialidade,".

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas