GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A crise expulsa o 25% do censo de estranxeiros para os comicios municipais

(28/10/2014)

A crise expulsa o 25% do censo de estranxeiros para os comicios municipais


C. P. VIGO
/ A VOZ / Martes 28 de outubro de 2014


Ademais de minguar sen freo o censo electoral de Galicia a causa da perda de poboación, o volume de votantes verase tamén reducido nas próximas eleccións municipais a causa da fuga que os inmigrantes protagonizan dende o inicio da crise. En comparación cos datos rexistrados nas eleccións locais do 2011, o censo de estranxeiros nacidos na Unión Europea que poderán votar o 24 de maio próximo para elixir alcalde e concelleiros en Galicia verase reducido nun 24,5%.
De 24.677 residentes comunitarios nos municipios galegos maiores de idade pasarase agora a tan só 18.615, segundo os datos feitos públicos onte polo Instituto Nacional de Estatística. Deles, 9.009 xa votaron en Galicia noutras eleccións locais dende o 2006, mentres que a outros 9.606 que non o fixeron ata agora a Oficina do Censo Electoral lles remitiu a documentación para que poidan darse de alta no proceso.


Caída nas catro

A alta como electores deberá ser realizada por cada residente procedente dalgún dos países da
UE
no concello no que estea inscrito trámite válido tamén para os non integrados nos rexistros municipais, que deberán, iso si, realizar antes a súa inscrición como residentes.
As catro provincias galegas verán reducido o seu continxente de posibles votantes comunitarios respecto aos comicios do 2011. Pontevedra seguirá sendo a demarcación con máis posibles votantes procedentes da UE
, aínda que perde 2.575 integrantes do seu censo de residentes comunitarios, que agora queda establecido en 6.707 persoas con dereito a voto nas eleccións locais.
A Coruña, que perde 1.614 electores de países europeos, conta cunha bolsa de votantes estranxeiros de 5.330 persoas. De Ourense marcharon ou deron de baixa dos seus padróns 1.069 inmigrantes comunitarios e serán 4.395 os que poidan votar nesta ocasión, e, finalmente, en Lugo a fuga cara ao exterior foi de 794 censados nacidos no resto de países da UE, quedando agora 2.183 que poden elixir alcalde en Galicia.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Agosto 2019
LMMeXVSD
   1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031 
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas