GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigrantes retornados piden aos grupos do Parlamento galego que esixan cambiar a lei do IRPF que os "discrimina"

(24/10/2014)

Emigrantes retornados piden aos grupos do Parlamento galego que esixan cambiar a lei do IRPF que os "discrimina"



Demandan que o PP
, "dunha vez por todas, teña o sentido común de non castigar máis estas persoas"



EUROPA PRESS
. 23.10.2014



Unha representación de emigrantes de retornados galegos sancionados por Facenda por non declarar as súas pensións do estranxeiro entregaron este xoves no Parlamento galego un escrito para reclamar a todos os grupos con representación que voten a favor dunha proposta lexislativa que se debaterá no próximo pleno -o 28 de outubro- para esixir ao Goberno central modificar a lei do IRPF
que os "discrimina".

En declaracións aos medios este xoves, o voceiro da Coordinadora Nacional Galega de Emigrantes Retornados, Manuel Domínguez
, demandou ás administracións e políticos que solucionen "esta problemática", pois queixouse de "unha inxustiza moi grande" que padecen os emigrantes retornados".

Así, criticou que "a orixe deste problema é a lei 35/2006 (do imposto sobre a renda das persoas físicas), que hai que modificala para que "os que traballaron na emigración non teña que cotizar pola metade do que cotiza unha persoa de aquí", porque se non este colectivo "vai estar discriminado".

"Unha persoa aquí ten que declarar a partir de 22.000 euros e nós a partir de 11.200", lamentouse
Domínguez
sobre unha cuestión que considera "ilóxica e inxusta" tras entregar o documento no rexistro do Parlamento autonómico.

De tal forma, o 28 de outubro debaterase no pleno da Cámara galega unha iniciativa lexislativa presentada polo BNG para modificar a lei do IRPF, no mesmo día en que a Coordinadora Nacional Galega de Emigrantes Retornados
convocou unha manifestación en Santiago de Compostela para esixir á Axencia Tributaria "un trato igualitario".

A manifestación sairá da Alameda da capital galega ás 11,00 horas e rematará fronte ao Parlamento de Galicia, para intentar entregar un documento ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, coas súas reivindicacións.

Compañeiros falecidos no último ano

Sobre este extremo, outro dos voceiros da Coordinadora, Xosé Lois Leirós, pediu o "apoio" de todos os grupos, remarcando que "o Partido Popular é o que faltaría" para dar luz verde a esa modificación da lei, pois "ata o momento isto nunca foi así", posto que xa se presentaron iniciativas "máis dunha vez" sobre este tema no Congreso e Parlamento galego e o PP
"coa súa maioría absoluta botounas abaixo". "Esa é a realidade", apostilou.

Así, espera que "despois de ano e medio", tras ter 250.000 persoas en Galicia con esta problemática os populares "recapaciten" para que, "dunha vez por todas, teñan o sentido común de non castigar máis estas persoas".

De feito, chamou a atención sobre que neste colectivo de xente maior, "neste ano de loita, se tiveron baixas mortais", co falecemento de compañeiros "pouco a pouco" sen que se resolvese este problema.

De tal forma, trátase de solicitar que se impoña a obriga de declarar a partir duns ingresos anuais de 22.000 euros para os emigrantes retornados, cun réxime de retencións "idéntico" ao dos pensionistas do Estado.

Ao respecto,
Manuel Domínguez asegurou que os emigrantes retornados " van a continuar" coas súas reivindicacións mentres "non" se faga esta reforma". "Non pararemos ata que se modifique", deixou claro.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas