GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Expertos aseguran que as cifras de emigración do INE non reflicten a realidade

(22/10/2014)

Expertos aseguran que as cifras de emigración do INE non reflicten a realidade

 

N.N

.

Mércores 22.10.2014

O Correo Galego



Santiago. O Consello da Cultura Galega reúne en Santiago a expertos de toda España para abordar os novos movementos migratorios no seminario que finaliza hoxe, Novas mobilidades nun contexto de crise. Retos da emigración para a sociedade galega. O catedrático de Socioloxía da Universidade da Coruña Antonio Izquierdo
abriu as xornadas cunha conferencia na que explicou as tendencias e actitudes dos novos movementos migratorios.

Unhas formulacións que cuantificou posteriormente, ofrecendo os primeiros datos estatísticos o subdirector do Centro de Estudos Demográficos, Andreu Domingo, que puxo sobre a mesa, ademais, a complexidade para poder cuantificar unha realidade que se volveu aínda máis diversificada, e que no caso das cifras que manexa o Instituto Nacional de Estatística (INE), segundo a científica titular adscrito no Centro de Ciencias Humanas e Sociais do CSIC, Amparo González Ferrer, non reflicten a verdadeira realidade dos movementos migratorios, a causa do nesgo dos subrexistros e da variedade de naturalizacións, xa que segundo asegurou non dispoñemos de censo dos españois no exterior, e moito menos de nacidos en España no exterior, e aínda menos das persoas con orixe española no estranxeiro", explicou González.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas