GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Plataforma Estradense de Emigrantes Retornados retoma mañá as súas asembleas

(21/10/2014)

A Plataforma Estradense de Emigrantes Retornados retoma mañá as súas asembleas

Na reunión falarase sobre o decreto do Goberno central que anuncia a devolución das multas e intereses de demora


Escrito por:
fran brea
a estrada / a voz 21 de outubro de 2014


A Plataforma Estradense de Emigrantes Retornados retomará mañá, ás 19.00 horas na sala de exposicións de Abanca da localidade, as súas reunións despois do parón realizado durante o verán. A esta asemblea asistirán os presidentes da Coordinadora Galega de Emigrantes Retornados, Xosé Luís Leirós e Manuel Domínguez, para informar aos asistentes sobre os avances conseguidos, xa que estas son as persoas que habitualmente se reúnen coas administracións. Na sesión falarase sobre o decreto elaborado polo Goberno central no que se recolle a devolución das multas e os intereses de demora polo pago das pensións no estranxeiro que non foron cotizadas.

A devolución non será automática senón que terá que ser solicitada polo afectado a partir do mes de xaneiro do próximo ano.

Por outra banda tamén se discutirá si se retoman as concentracións de protesta a nivel local ou si pola contra séguese apostando por acudir ás manifestacións que se convoquen a nivel autonómico. Así mesmo en relación a este tema informarase sobre da concentración que se celebrará o día 28 en Santiago de Compostela.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas