GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O cormelán Alfonso Gómez optará a repetir o seu escano en Xenebra como número dous

(20/10/2014)

O cormelán Alfonso Gómez optará a repetir o seu escano en Xenebra como número dous

 

A inclusión de Gómez na candidatura dábase como segura, xa que ocupa a presidencia dos Verdes na cidade. No entanto, tiña que superar o filtro dos órganos da formación, que deron o visto e prace a semana pasada. O feito de aparecer como segundo cabeza de lista ten importancia política, xa que nas eleccións non hai orde, senón que os electores elixen a quen queren das opcións que lles dan, e na papeleta aparecen por orde alfabética dos seus apelidos. Cunha excepción: os tres primeiros, para destacar a súa relevancia.

A primeira no cartel será unha concelleira no grupo de goberno, e o terceiro, o responsable do grupo municipal. Nos comicios do anos 2011, Alfonso concorreu no sétimo posto. Non entrou de xeito directo, senón que o fixo hai un ano xusto tras a saída dun compañeiro.

Alfonso, director adxunto do Conservatorio Popular de Música, Danza e Teatro de Xenebra, non é o único candidato á reelección da zona: tamén Javier Brandón orixinario de Carballo e Cerceda, polos socialistas.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas