GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

As 'Novas movilidades nun contexto de crise', a análise nun seminario do Consello da Cultura Galega

(17/10/2014)

As 'Novas movilidades nun contexto de crise', a análise nun seminario do Consello da Cultura Galega




Redacción, Santiago
| 16 Outubro 2014 - Crónicas da Emigración





'Novas movilidades nun contexto de crise' é o título do seminario que convoca o Consello da Cultura Galega
os días 21 e 22 de outubro para analizar os retos da emigración para a sociedade galega.

O encontro, coordinado por Laura Oso, está organizado polo Consello da Cultura Galega en colaboración coa Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia e o ESOMI
(Equipo de Socioloxía das Migracións Internacionais).

"Nos últimos anos, o impacto da crise trouxo consigo un cambio de ciclo migratorio galego", recolle o Consello na súa nota de prensa, e "a principios do presente século, durante a fase de crecemento económico, a chegada de inmigrantes (xa fosen estranxeiros ou 'retornados') protagonizou o discurso social, mediático e político, e converteuse no foco de interese das investigacións sobre movilidades
levadas a cabo en Galicia".

Non obstante, continúa, o impacto da crise implicou un interese crecente polo cambio do ciclo migratorio e sitúa actualmente o foco de atención nos novos fluxos de saída de cidadáns galegos ao exterior.

"Esta problemática foi aínda pouco estudada", recoñece, e apostila: "Non" escapa "á nosa consideración a súa complexidade".

O organismo recoñece que "detrás das cifras de cidadáns españois que están a saír actualmente de Galicia,  escóndense realidades sociais moi diversas: mozos galegos que buscan un posto de traballo no exterior; inmigrantes de orixe estranxeira, naturalizados, que retornan aos seus países ou que fan as maletas para instalarse noutros ámbitos economicamente máis prósperos; retornados galegos (aqueles que no seu día foron emigrantes, ou os seus descendentes, que volveron a Galicia atraídos pola época de prosperidade) e que regresan aos seus antigos países de emigración (Suíza, Alemaña, Arxentina, etc.), estudantes...
A isto cabe sumarlle outro tipo de movilidades (transfronteirizas, migracións circulares de ida e volta, etc.) ".

É por iso que o seminario pretende "sacar á luz estas realidades diversas mediante unha estimación da súa magnitude, o esclarecemento da dificultade que entraña a explotación das fontes estatísticas e o estudo dos retos políticos e sociais que comportan estas novas movilidades para a sociedade galega".

Para analizar a realidade, contarase coa presenza de Antonio Izquierdo Escribano, Andreu Domingo, Amparo González Ferrer, Antía Pérez Caramés, Obdulia Taboadela Álvarez, Ildefonso de la Campa Montenegro, Laura Oso, Jorge Malheiros e Antonio Rodríguez Miranda.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas