GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Nace a plataforma Ulises Galicia con información para as persoas que queren saír ao exterior

(17/10/2014)

Nace a plataforma Ulises Galicia con información para as persoas que queren saír ao exterior

 

Redacción, Galicia | 16 Outubro 2014 - Crónicas da Emigración

 

Ulises Galicia é unha plataforma de información e interacción para os galegos que queiran emigrar e os residentes no estranxeiro. Segundo explican na propia páxina web este proxecto é "consecuencia dunha necesidade de canalizar e centralizar a información e as necesidades comunicativas destes dous colectivos".

Un dos puntos máis destacados do proxecto son as guías para as persoas que queiran emigrar a diferentes países. Actualmente, hai guías sobre Alemaña, Francia, Reino Unido, Italia, Bélxica, Holanda, Portugal, Suíza, México, Arxentina, Brasil, Uruguai, Venezuela, Chile, Perú, Panamá, Canadá, Estados Unidos e Australia.

Para cada un destes países, ofrece información xeral, información para emprender, información para traballar e información para vivir, así como enlaces aos centros galegos e ás institucións de interese como embaixadas e consulados.

As guías teñen dúas versións: unha rápida, na que se ofrecen os datos de maior relevancia, e unha completa, na que se explica máis pormenorizadamente a situación de cada país.

Esta plataforma tamén conta con información de primeira man contada polos propios emigrantes ou retornados a través dos seus blogs.

A páxina complétase con información específica sobre o retorno, as axudas aos emigrantes, un apartado específico para os estudantes
Erasmus
e outro para a busca das raíces dos residentes no exterior.

A toda esta información tamén se pode acceder dende Crónicas da Emigración a través do banner Ulises Galicia Guía de Países.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas