GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Tribunal Constitucional confirma que os emigrantes non poden votar nas municipais

(14/10/2014)

O Tribunal Constitucional confirma que os emigrantes non poden votar nas municipais

 


A Rexión Internacional 13/10/2014


Aínda que a Sentenza aínda non foi publicada no Boletín Oficial do Estado, o BOE, o Tribunal Constitucional rexeitou o Recurso presentado fai xa 3 anos polo Goberno canario, (foi presentado en maio do 2011), argumentando que a reforma da LOREG
se axusta á Constitución española, un acto xurídico que é outro revés ás aspiracións dos residentes no exterior de que se respecten os seus dereitos cívicos para que se lles permita votar en igualdade de condicións cos cidadáns españois que viven en territorio español.

En calquera caso, esta Sentenza non impide que os representantes dos emigrantes, fundamentalmente os CRES e os conselleiros elixidos para formar parte do Consello Xeral da Cidadanía Española no Exterior, sigan loitando por conseguir a reforma da LOREG
no apartado máis importante, o do voto pregado, xa que, máis alá da procedencia ou non de podar votar nas municipais, a maior preocupación que hai entre os case 1.700.000 españois residentes no exterior con dereito a voto, é a limitación e a complexidade á hora de exercer un dereito fundamental como é o de participar nos diferentes procesos electorais.

O artigo que fundamentalmente motivou o Recurso de Coalición Canaria foi o 1 da LOREG de 2011, sancionada pouco antes dos últimos comicios municipais; ese artigo especifica que resulta indispensable para poder votar nas eleccións municipais estar inscrito no censo de españois residentes en España.

 

Non é este o principal escollo dos emigrantes á hora de votar, xa que o voto pregado segue sendo o principal cabalo de batalla, polo que, a pesar do retroceso que significou esta Sentenza do Tribunal Constitucional, os esforzos seguirán encamiñados a lograr a reforma da LOREG, algo no que parecen estar de acordo PP e PSOE, pero que non se acaba de materializar, basicamente porque o PP quere poñer enriba da mesa de 'negociación' outros cambios á LOREG, como o de que goberne a lista máis votada, e isto é algo que non admite o PSOE, que pretende reformar a LOREG pero punto a punto, artigo por artigo, pero non facendo 'cambios de cromos', apoiando as teses do PP nuns puntos, a cambio de que o PP apoie as súas noutros, como o do voto pregado. 

Unha vez coñecida a Xurisprudencia do Tribunal Constitucional, en Canarias, o comisionado para o Desenvolvemento do Autogoberno e as Reformas Institucionais, Fernando Ríos, comentou que á vista da Sentenza, o Tribunal Constitucional entende que os cambios na LOREG non vulneran os dereitos dos emigrantes. 'Cremos que supón discriminar moitos españois segundo sexa a súa residencia. E o PP e o PSOE aprobaron unha norma que, aínda que xuridicamente non sexa discriminatoria, de acordo coa Sentenza do TC, si o é politicamente'.


O tema da reforma da LOREG seguirá sendo unha cuestión relevante e espéranse noticias ao respecto nos próximos días, xa que as próximas eleccións xa están moi preto e loxicamente os cambios deberíanse facer con tempo abondo para poder adaptar os operativos electorais a eses posibles cambios e para iso a 'maquinaria' do Estado necesita tempo.

Entrementres, non deixa de resultar contraditorio que durante o pasado fin de semana, máis de 70.000 bolivianos residentes en España puideron exercer o seu dereito a voto nos Consulados que o país andino ten en España.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas