GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Cariño alerta de «discriminación» a menores inmigrantes no fútbol

(08/10/2014)

Cariño alerta de «discriminación» a menores inmigrantes no fútbol

O club deportivo local asegura que os fillos de estranxeiros de 12 a 16 anos só poden federarse se presentan contrato laboral do pai e a nai

 

Xogadoras do CD Cariño (de azul) nun partido contra o Narón, nunha imaxe de arquivo. josé pardo

 

A nova directiva do Club Deportivo Cariño, presidida por Carlos Yáñez Quiza, considera «discriminatorio» que os rapaces de entre 12 e 16 anos fillos de estranxeiros teñan que presentar un contrato de traballo «do seu pai e a súa nai», ademais da descrición do posto e os detalles da remuneración, para darse de alta na Federación Galega de Fútbol e, polo tanto, poder competir. «Normalmente recollemos as fichas na federación (a delegación de Ferrol), traémolas aquí, pómoslles a foto e os pais asinan a autorización -explican-, pero no caso dos inmigrantes teñen que ir os nenos á federación».

Nin o presidente nin a vicepresidenta, Liliana Correa, entenden as razóns desta normativa que, sosteñen, «marxina» aos nenos de familias inmigrantes desa franxa de idade. Así, pode darse o caso dun neno que teña xogado ata os 12 anos sen problema na liga comarcal e este ano teña tido que quedar fóra. «No noso club, en Cariño, tiñamos dous casos, pero ao final un deles tívose que marchar de aquí e outra moza non quixo continuar, cremos que se cadra porque tampouco podía cumprir eses requisistos».

E é que, pregúntanse os representantes do CD Cariño «¿en que familia teñen, neste momento, contrato laboral o pai e a nai?». Como apunta Yáñez, a orixe do endurecemento das condicións para federar aos rapaces estranxeiros radica na sanción da FIFA ao FC Barcelona, por vulnerar o Regulamento sobre o Estatuto e a Transferencia de Xogadores, que prohibe as fichaxes de futbolistas comunitarios menores de 16 anos e extracomunitarios menores de 18, para a súa protección. «Pero a este nivel non é xusto que se faga esta discriminación e que eses nenos se teñan que quedar sen xogar porque se lles esixen cousas que non poden cumprir. Se xorde un crack que tomen medidas, pero a maioría veñen para practicar deporte», remarcan.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas