GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O presuposto da Secretaría Xeral de Inmigración e Emigración ascende a 139,9 millóns de euros en 2015

(07/10/2014)

O presuposto da Secretaría Xeral de Inmigración e Emigración ascende a 139,9 millóns de euros en 2015


 

-As accións a favor dos emigrantes reciben unha dotación de 70,47 millóns de euros

-Ás accións a favor dos inmigrantes destínanse 66,38 millóns de euros


06 outubro 2014
Marina del Corral
Marina del Corral

 

 

A secretaria xeral de Inmigración e Emigración, Marina del Corral, presentou hoxe na Comisión de Emprego e Seguridade Social do Congreso o presuposto para 2015 na área de Inmigración e Emigración, que ascende a 139,89 millóns de euros.

As accións a favor dos emigrantes, contarán en 2015 cunha dotación de 70,47 millóns de euros. Esta contía inclúe como partidas de maior relevancia as seguintes:

-A destinada ás prestacións por razón de necesidade para os españois residentes no exterior que teñan máis de 65 anos de idade ou estean incapacitados para o traballo e se encontren nunha situación de necesidade. Este concepto recibe unha dotación de 56,5 millóns de euros.
-A destinada ao pagamento de pensións de ancianidade para os españois que retornen a España de calquera país onde estea implantada a prestación por razón de necesidade e acrediten insuficiencia de recursos, ata que teñan dereito a unha pensión non contributiva do sistema español de Seguridade Social. A dotación destas axudas é de 1,8 millóns de euros.
-O programa de accións a favor dos emigrantes comprende tamén as prestacións económicas que se conceden aos cidadáns españois desprazados ao estranxeiro cando eran nenos a consecuencia da Guerra Civil, cun crédito para 2015 de 7,9 millóns de euros.

Para atender de xeito inmediato situacións de extraordinaria necesidade mantense unha dotación de 600.000 euros.

Por último, as subvencións en réxime de concorrencia competitiva ascenden a 470.000 euros para seguir mantendo as axudas a proxectos e iniciativas dirixidos aos españois no exterior e retornados e as axudas a centros e institucións sen ánimo de lucro que desenvolven un labor sociocultural, sanitario ou asistencial a favor dos españois no exterior.

 

Accións a favor dos inmigrantes

As accións a favor dos inmigrantes contan cunha dotación de 66,38 millóns de euros para 2015. Este programa experimentou un incremento do 7,6% respecto a 2014. As partidas de maior relevancia son as seguintes:

-As partidas destinadas á atención humanitaria a inmigrantes, que teñen unha dotación de 10,7 millóns de euros e que aumentan un 68,7%. Este é o crédito que máis aumenta de todo o presuposto da SGIE e iso debido á necesidade de atender o incremento no número de inmigrantes que chegaron irregularmente ao noso país nos últimos meses.
-Mantense inalterado o crédito destinado á protección dos menores estranxeiros non acompañados, cunha contía de 3,44 millóns de euros. E con este crédito fináncianse os convenios de colaboración coas Cidades Autónomas de Ceuta e Melilla e con Comunidades Autónomas.
-A subvención a favor de refuxiados, solicitantes de asilo e beneficiarios de protección internacional increméntase nun 7,21%, e alcanzará a cifra de 9,65 millóns de euros, o que permitirá mellorar a atención ao número crecente de refuxiados e reasentados, especialmente os procedentes do conflito sirio.
-O mantemento dos recursos para o funcionamento dos dous Centros de Estanza Temporal de Inmigrantes (CETI) e os catro Centros de Acollida a Refuxiados (CAR), cunha partida de en torno aos 12 millóns de euros.
-A subvención a Cruz Vermella Española para a atención humanitaria urxente a pé de praia aos inmigrantes chegados ás nosas costas, cunha partida de 1,98 millóns de euros.
-As partidas destinadas a subvencionar as actuacións de asociacións e ONG´s, na área de integración dos inmigrantes, solicitantes de asilo e outras persoas con protección internacional, dotadas cun crédito de 13,8 millóns de euros.


Ademais inclúense as subvencións cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, que no novo marco 2014-2020 financia o novo programa operativo de inclusión social e economía social, cuxo fin é reforzar a cohesión económica e social apoiando o fomento do emprego, o investimento en cualificacións, educación e aprendizaxe permanente, a loita contra a pobreza e o reforzo da capacidade institucional e a eficiencia na Administración Pública.

 

 

Así, é importante destacar que aos 66,38 millóns de euros presupostados para o programa de actuacións a favor dos inmigrantes, haberá que engadir as provisións dos Fondos Europeos nas actuacións cofinanciadas, que se estima alcancen os 27 millóns de euros.

 

 

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas