GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Ministerio de Emprego destinará en 2015 un total de 70,4 millóns de euros para accións en favor dos emigrantes

(03/10/2014)

O Ministerio de Emprego destinará en 2015 un total de 70,4 millóns de euros para accións en favor dos emigrantes


Supón un recorte de 4,7 millóns respecto aos presupostos de 2014


E.E. Venres, 03 de Outubro de 2014.

O programa
Acciones
a favor dos emigrantes da Secretaría xeral de Inmigración e Emigración do Ministerio de Emprego e Seguridade Social destina 64,4 millóns de euros a sufragar as prestacións por razón de necesidade e outras axudas a españois no exterior.


O presuposto do Ministerio de Emprego e Seguridade Social destinado a desenvolver accións a favor dos emigrantes para 2015 será de 70,4 millóns de euros, Supone un recorte do 6,2% respecto a 2014, cando este mesmo programa contócon
75,1 millóns. É dicir, 4,7 millóns menos.

Así se reflicte no proxecto de Lei de Presupostos Xerais do Estado para o ano 2015 que entregou o ministro de Facenda, Cristóbal Montoro
, ás Cortes o martes 30 de setembro.

Segundo o texto, a partida máis ampla do programa 231B Accións
a favor dos emigrantes da Secretaría Xeral de Inmigración e Emigración é a correspondente ás prestacións por razón de necesidade e outras axudas para emigrantes no exterior que ascenderá a 64,4 millóns de euros. Esta partida supón nada menos que o 91,5% do total da contía do programa.

Por outra parte, as axudas para accións no ámbito migratorio, dirixidas a españois no exterio
e retornados, ascenderán a 2,8 millóns dos cales 1,8 serán para pensións asistenciais por ancianidade para españois de orixe retornados.

Así mesmo, inclúese unha partida de 460.000 para centros e institucións asociativas de carácter social, benéfico, cultural e educativo situadas no exterior que atendan a cidadáns españois e descendentes. Esta partida está destinada á realización de actuacións de carácter material como poden ser reformas, adquisición de equipamentos, etc.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas