GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A emigración de mozos españois: a voltas coa "excepcionalidade" do noso modelo migratorio

(03/10/2014)

A emigración de mozos españois: a voltas coa "excepcionalidade" do noso modelo migratorio


É necesario ofrecer boas condicións no futuro aos que se van e máis adiante queiran volver, está en xogo recuperar o investimento da sociedade española en persoal cualificado

Sònia Parella

01/10/2014 -

 

Pasaporte

En menos dunha década España pasou dunha das taxas de crecemento de poboación estranxeira máis alta do mundo, a ver como a consecuencia da crise se alteraron de forma drástica as dinámicas que caracterizaran o seu modelo migratorio, cun dos maiores saldos migratorios negativos da UE. A incitante falta de emprego comportou a saída de estranxeiros e de españois cara ao exterior (tanto dentro da UE coma cara a outros continentes, principalmente Latinoamérica e Estados Unidos).

Efectivamente, o mercado de traballo non é nin de lonxe o único factor que explica os fluxos migratorios. Non obstante, neste caso, a excepcional evolución do noso modelo migratorio, antes e despois da crise, mostra a cara e a cruz dunha mesma estrutura produtiva que xa fora reiteradamente considerada de alto risco por moitos expertos.

Mentres durante os anos da denominada "bonanza económica" se requiría man de obra en situación precaria e xuridicamente vulnerable, para facer fronte ao intenso crecemento da ocupación en determinados sectores intensivos en forza de traballo -sobre todo na construción, a hostalaría e a agricultura-, tal "efecto chamada" interrómpese bruscamente como consecuencia da profunda crise de emprego instalada en España. Asistimos sen tregua a unhas desgarradoras taxas de paro que afectan non só á poboación de orixe inmigrante -concentrada precisamente nos sectores laborais máis devastados-; senón ao conxunto da poboación e especialmente a miles de mozos, moitos deles altamente cualificados.

Segundo os datos do Padrón de Españois Residentes no Estranxeiro (PERE), difundidos polo INE e referidos a 1 de xaneiro de 2014, os españois que residentes no estranxeiro alcanzan a cifra de 2 .058.048, o que supón un incremento de 126.800 en relación ao ano anterior. A mesma estatística pon de manifesto que máis de dous terzos dos españois que residen fóra son nacidos no estranxeiro; é dicir, enténdese que a maioría chegara a España a través dun proceso migratorio. Aínda así, tanto os datos do PERE coma a Enquisa de Variacións Residenciais (EVR) mostran que son cada vez máis os españois nacidos en España que asisten á súa primeira experiencia migratoria internacional.


Evolución das baixas de poboación empadroada en España segundo país de nacemento (2007-2013)

 Fuente: Encuesta de Variaciones Residenciales (EVR) -INE

Fonte: Enquisa de Variacións Residenciais (EVR) -INE

 

Estas dinámicas de mobilidade teñen como protagonistas a diversos perfís de mozos -e non tan novos-: dende os que afirman ter fuxido desesperadamente "cunha man diante e outra detrás "; ata os que se apuntan a vantaxosos programas de contratación de persoal cualificado ( "Vente a Alemaña, enxeñeiro Pepe", así titulaba El País unha das súas reportaxes do 30 de xaneiro de 2011). Se ben esta emigración empezou sendo obxecto de titulares de prensa, aínda que con escasa representatividade estatística, rapidamente se consolidou como fenómeno sociolóxico, tanto polo seu aumento significativo coma polo significado político que lle atribúen unha parte dos seus protagonistas. Movementos de mozos como a "Marea Granate" (en referencia á cor do pasaporte español), por exemplo, articulan, dende o activismo en rede, un discurso de denuncia da situación dos "exiliados económicos".

E ante este diagnóstico, moitos son os retos concretos que se formulan:

En primeiro lugar, está en xogo recuperar o investimento da sociedade española en persoal cualificado, nun contexto de progresivo envellecemento demográfico e de máis que seguro déficit de persoas en idade laboral activa nos próximos anos. Este reto esixe empezar a sentar as bases, dende xa mesmo, para ofrecer boas condicións no futuro aos que se van e máis adiante queiran volver. Recentes medidas, como a de que as persoas que estean 90 días fóra de España por ano natural perdan todos os beneficios da Seguridade Social que requiran residir en territorio español (por exemplo, a tarxeta sanitaria), non parecen ir nesta liña.

Así mesmo, deberiamos aproveitar esta conxuntura de crecente mobilidade para potenciar todos os beneficios que leva consigo (circulación de capitais, competencias, coñecementos, innovación, etc.). Iso si, sen caer na celebración
acrítica da "mobilidade exterior" que fixo algunha ministra de xeito politicamente interesado e sen perder de vista o "dereito á inmobilidade" que tamén deberían ter aquelas persoas para as que emigrar non é máis que unha estratexia "forzada" de supervivencia, con elevados custos a nivel persoal e familiar.

Por último, non está de máis recordar que emigrar está ao alcance dos máis novos, sobre todo entre os que teñen coñecementos de idiomas e recursos educativos; así como tamén para os emigrantes, que contan no seu haber con redes multilocais e recursos migratorios que facilitan un eventual retorno ou unha nova emigración. Pero, cabe preguntarse cal é a saída para os moitos desempregados españois sen estudos e que non falan outros idiomas, tendo en conta que os países europeos e os países emerxentes con escaseza de man de obra na actualidade non precisan cubrir os postos menos cualificados. Nada que ver co que sucedeu na década dos anos 50 e 60 do século pasado en Europa, cun perfil de emigrante español moi distinto, que se empregaba principalmente no sector manufectureiro. Lamentablemente, para moitas destas persoas que van acumulando meses sen emprego e sen ingresos, nin sequera a emigración constitúe unha opción factible.

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas